Son feos, punto e pelota!

2 de xullo do 2009 perpetrado por otraveseiro

Antonio é cuspidiño a Kaká, mais el non se considera unha beleza: "A mí me han dicho varias veces que me parezco a él y tampoco soy tan guapo, por mucho que mi madre diga lo contrario". Michajhiense non se anda con rodeos e di que "si Kaká é tan guapo eu son Mr. Mundo". E Pableras opina que "a miña nai tamén me di que son moi guapiño".

Conclusións que sacamos destas grandísimas aportacións: Dous comentaristas desta casa teñen nais que entran dentro da media mundial (para o 99% das nais os seus fillos son unha preciosidade). Un terceiro ten como grupo de cabeceira Modestia Aparte.

punto-pelota

E que pasa cos comentaristas oficiais do programiña futboleiro da casposa Intereconomia TV, "Punto Pelota", Tomás Roncero e Jorge D'Alessandro (o dos penaltis polo pau curto)? Coido que aí todos poderemos coincidir que son bastante feos, sobretodo o primeiro, aparte de pedantes, tóxicos e pesaos a máis non poder. Ao realizador lle mola dividi-la imaxe en dous poñendo os primeiros planos deles namentres discuten para revolvernos a cea. Fáltanos por saber a opinión que teñen destes dous elementos as súas respectivas nais.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Arquivado en Chámalle X | 3 Grandísimas aportacións »

Os trastornados (e sobretodo trastornadas) fans de Kaká

30 de xuño do 2009 perpetrado por otraveseiro

Hoxe é inevitábel falar de Kaká. Bueno... del exactamente non, senón dos seus fanáticos seareiros e seareiras. Moitos deles, como non podía ser doutro xeito, elixiron O Traveseiro para acadar información sobre o crack brasileiro. Compróbeno vostedes mesmos desta captura do meu xestor de estatísticas:

captura-30-06

Vale que oficialmente non andan a pesquisar cousas do futbolista, porque nunha non pon KAKÁ, senón XAXA. Deduzo que o tipo é disléxico ou ben pensaba que non era Kaká o que fichaba polo Madrid, senón outra brasileira, XUXA. Na última, querían coñecer dun medio riguroso como este o número ou scan do DNI KAKA, aínda que cecais tampouco tiña que ver co xogador, senón o que moitos pensamos: DNI MERDA. Polo medio, Epi, Blas e as drogas, sempre presentes.

Dito isto, o que descubrín hoxe pola mañá lendo a prensa. Unha fanática de Kaká fai un chamamento para que outras unineuronais como ela se personen na presentación do futbolista para chorar, berrar, rabuñarse a faciana e mollarse de pracer. Esta é a citación para o macroevento, en versión orixinal. Os meus comentarios ao respecto, entre guións:

"Chicas del mundo!!, madridistas convencidas!! os convoco a una macro kedada en la zona del aparcamiento del Santiago Bernabeu el próximo martes 30 a las 18.30 horas para crear la pancarta con la que recibiremos a Kaká en Madrid".
- Aparcadoiro + Bernabeu = carros grandes e pesados. Cun pouco de sorte atropelan a algunha... ou a todas -

"La entrada al estadio es GRATIS y me temo que no tendremos muchas más oportunidades de ver "de free" y de cerca al guapísimo Kaká".
- Estou desexando ver a Brayam Angulo "de free" en Riazor -

"Como aún no sabemos cuál será el número con el que juegue porque lo tienen en secreto y se descubrirá allí, os propongo que entre todas pongamos en los comentarios de la kdd, ideas de cómo enfocar la pancarta".
- A pancarta se debería enfocar con chisqueiros, e canto máis perto da tea mellor, para que arda -

"Yo llevaré el material necesario. Sólo tenéis que venir con muchas ganas de pasarlo bien".
- Paquetes de kleenex, é todo o que necesitan -

"Por cierto, ya he recibido algún mensaje para animarnos a montar el club de fans oficial de Kaká en España. Lo hablamos allí. Besitos a todas".
- Agardo ansioso ese clube de fans. Outro biquiño para ti, ghuapa! -

Ao peche desta edición non se sabía como rematara a contenda, igual coma a folga do metal, dado o perigoso que resultan centos destas mociñas atacadas perdidas. Mañá se hai ligazóns ou fotos da agardada pancarta ou das paviñas, o actualizo.

ACTUALIZACIÓN:

bemvindo-cagalhom

O prometido é débeda, unha foto das fans de Kaká. O ideal sería que puxera "Bemvindo cagalhom", mais ao final a fixeron en perfecto castelán e sen faltas, o cal é un logro vendo o perfil das nenas. Para ve-lo resto das fotografías, coa confección da faixa paso a paso, premede aquí.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Arquivado en Actualidade, Autobombo | 6 Grandísimas aportacións »

Andrei Moj, un tipo cabal

28 de xuño do 2009 perpetrado por otraveseiro

Nestas datas no que se move o mercado de fichaxes e os xogadores están a desfrutar do seu tempo de lecer (en realidade están todo o puto ano de vacacións)... estes empezan a mover ficha e presionar aos seus clubes para pirarse a outros equipos.

andrei-moj

Os motivos esgrimidos máis habituais son que "aquí non gozo da confianza do adestrador... non me sinto valorado economicamente... necesito doutros retos profesionais ... quero xogar nun grande... estar perto da miña familia e amigos, aos que boto moito de menos... son xoven e necesito minutos... quédanme poucos anos de fútbol e quero aproveitalos xogando o máximo de partidos... teño que mirar polo pan dos meus fillos... quero ser internacional e xogando aquí non o conseguirei".

Esas frases as podemos poñer en boca de centos de profesionais, un par delas recentes, por exemplo, de Filipe Luis. Pero moi poucos son quen de poñer unha escusa coma a que puxo en 1993 o xogador ruso Andrei Moj para abandona-lo Espanyol de Barcelona:

"Non podo seguir xogando nun clube despois de que un dos seus conselleiros lle dixera ao meu representante que eu son un fillo de puta e un borracho".

Moj chegou ao Espanyol mediada a tempada 91-92 xunto cos seus compatriotas Galyamin, Kutnetsov e Korneiev para salvar aos pericos do descenso (o propio Moj marcara o gol decisivo en Atotxa). Despois, segundo se comentaba na defunta R.B.B.E, a cousa foi a pior porque "los rusos se gastaron la pasta en putas, no volvieron a rendir nunca más al mismo nivel, el club fue incapaz de asumir el coste de sus fichas y se fue generando un déficit del quince". O futbolista xogou posteriormente noutros equipos españois, e tras retirarse, mata o gusaniño nos veteranos do propio Espanyol.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Arquivado en Defecacións verbais, Mundo viejuno-celebrities | 3 Grandísimas aportacións »

O morto ao pozo e os nenos ao gozo

27 de xuño do 2009 perpetrado por otraveseiro

nenos-cardiff-city

O temiña non vai da proliferación da obesidade infantil nos campos de fútbol británicos nin do famoso neno poñéndose morao cun superalmendrado no Italia-Brasil da Copa de Confederacións.

Simplemente quero amosa-la xustificada ledicia deses mociños seareiros do Cardiff City galés. Trala recente desaparición total (levaba anos cunha esistencia máis de morto que de vivo) de Maicol Jackson, séntense un pouquiño máis seguros, pero só un pouquiño, eh!

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Arquivado en Actualidade | 4 Grandísimas aportacións »

Cogomelos no campo de fútbol

24 de xuño do 2009 perpetrado por otraveseiro

5

Os xogadores e corpo técnico da selección española queixanse do mal estado dos campos de adestramento da Copa de Confederacións de Sudáfrica, onde seica medran cogomelos. O curioso é que cando gañaron a pasada Eurocopa o fixeron nun terreo de xogo, o estadio de Viena, no que días antes había unha prantación de champiñóns (na foto censurados con balóns). Daquela non houbo queixas ao xardineiro- fotógrafo, Spencer Tunick.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Arquivado en Idas de olla | 4 Grandísimas aportacións »

O San Xoan romanés

23 de xuño do 2009 perpetrado por otraveseiro

romenia

Así celebran en Romenia a noite de San Xoan os seareiros do Dinamo e Steaua Nobeberé Bucarest. Prenden unha cacharela, como en tódolos lados, pero, a diferencia do que se fai aquí: saltala tres veces namentres piden un desexo... o que fan é saltala só unha soa vez. Por que? Pois porque non hai lugar a unha segunda por mor de que caen dentro da lumeirada na maioría dos casos, e, noutros a conseguen superar pero se parten as pernas bancada abaixo.

O baño de medianoite para que se cumpran os desexos o toman uns na pranta de politraumatismo do Hospital Brâncoveanu, e outros na unidade de queimados do mesmo centro. As sardiñas asadas as pasan pola batidora e danllas por pajita.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Arquivado en Xentes da grada | 4 Grandísimas aportacións »

Este pénsase que o seu fillo é Maradona

20 de xuño do 2009 perpetrado por otraveseiro

O pasado mes cumpríronse dez anos dende que a selección española gañara o Mundial Sub20 de Nixeria. Na canle 24H de TVE repuxeron a reportaxe que no seu momento emitiu Informe Semanal sobre os campións. Collino empezado, pero algo vin dalgúns, coma de Varela, Barkero, Jusué ou Marchena.

marchenas-family1

Deste último di o seu pai que sempre se coidou "que nadie pudiera decir... iba publicando lo que era el hijo sin... sin  haber llegao. Es ahora y me lo aguanto. Porque después empiezan a decir 'este se cree que su hijo era Maradona' entonces yo eso siempre lo he tenido para mí". Como che cambia o conto cos anos. Agora o que comentarían sería "este se cree que su hijo es Andoni Goikoetxea".

Non podo pasar por alto a entrañábel foto de familia. Á dereita, un primeiro plano do perfil de porquiño do futbolista. No medio, o fachendoso pai, e á esquerda, a nai, facendo o papel da raíña Sofía, que ha venido de  Grecia y se pone hasta arriba sen articular palabra. A súa pose lémbrame ao tema que gravaron Aerolineas Federales para o Xabarín Club: "Eu o que quero é xamón, xamón, xamón, xamón, xamón... curado!". Digno de mención tamén o sofá de sky marrón e o tapete de encaixe que o decora.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Arquivado en Chámalle X | 8 Grandísimas aportacións »

Florentino, vas levar até no DNI

17 de xuño do 2009 perpetrado por otraveseiro

Por se acaso queda algún ermitaño despistado por aí, informo que Florentino Pérez gastou máis de 15.000 millóns de pelas en dous futbolistas... e só acaba de empezar.

florentino-perez

Nunha entrevista no xornal Público perguntáronlle se lle molestaba que haxa xente que considere esas fichaxes de inmorais. Responde que non lle importa, que é froito da ignorancia, porque "este es un proyecto empresarial. Y no me gusta presumir, pero déjenme que les diga que esto ya lo hice en 2000 y multipliqué por tres los ingresos precisamente gracias a esos fichajes que la gente tilda de caros. Créanme que vamos a dar un salto cuantitativo también en los ingresos gracias a estas inversiones. Me gustaría decir que este dinero no son gastos por capricho, sino inversiones en las que nos va el futuro". Ben, pois como a min me considera un ignorante funcional permítame que lle diga o que penso de vostede:

2308313727_9bf562c174

Non debería molestarlle, nin tildar este blog de zafio e inmoral. Se é así é polo seu descoñecemento, pois este tamén é un proxecto empresarial que se ven facendo dende 2007 e que pretende multiplicar o número de adeptos á causa a base de poñer a parir a persoeiros da súa ralea, por capricho, porque me sae do carallo, e cun orzamento de 0 (cero) euros. Grazas ás túas defecacións verbais darei un salto cuantitativo nas visitas  sen necesidade de poñer fotos de mulleres cachondas de futbolistas, principal sustento até o de agora segundo o meu xestor de estatísticas. Seguireite de perto.

Por certo, a ilustración, dun galáctico do debuxo.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Arquivado en Defecacións verbais, Odioteca | 8 Grandísimas aportacións »

« Entradas Anteriores

Apoiamos a Isaac Díaz Pardo