De fútbol e touradas.

29 de Maio do 2007 perpetrado por otraveseiro

foto_219961_cas.jpg

O outro día lin un chiste que dicía que estaban dous amigos e un lle di ó outro: "Non hai nada mellor que o fútbol e unha boa corrida". E o outro replicoulle: "E os touros, non che esquezas dos touros..."

Pois a semana pasada houbo touros na madrileña praza das Ventas, e como non pode haber corrida sen cabestros, aquí temos unha foto de tres deles, en primeira liña, contemplando este bonito, e para nada sádico, espectáculo para tódolos públicos.

O da dereita, Ramón Calderón, presidente do Real Madrid. Conqueriu este posto despois de prometer que se saira elexido ficharía a Kaká e Cesc. Saíu vencedor dunha maneira un tanto sospeitosa (putxerazo ez!), pero non hai rastro deses xogadores.

O do medio, Fabio Capello, adestrador do Madrid. É admirador da política de Franco, e un amante do bo fútbol, pero non o practica, o que si practica son os cortes de mangas ós seus propios afeccionados. Hai dous meses a prensa madrileña o poñía a parir, ó igual que o público do Bernabeu. Nembargantes agora parece ser que o tipo é a rehostia, un estratega de moito coidado, un Napoleón dos banquiños.

O da esquerda, o menos coñecido, o presidente do Xetafe, un bocas que se mete en tódolos fregaos. Curiosamente é o socio trintamil e pico do Madrid, pero o outro día dixo que preferiría que gañase a liga o Sevilla (?), repito, É SOCIO DO MADRID.

Lembrando a mítica frase do Colectivo Electrón, "Touros si, toureiros non"... "Fútbol si, presidentes e adestradores capullos non".

Chuzame! chuzame -

Arquivado en Actualidade | Comenta, non sexas rata »

Hierro, ese ser.

24 de Maio do 2007 perpetrado por otraveseiro

carniceiro.JPG

Fernando Ruiz HIERRO (Vélez-Málaga, 1968), ten o honor de estrea-la miña odioteca, onde ten un lugar destacado. Iniciouse no fútbol no equipo do seu pobo e cando estaba en idade xuvenil fichou polo Málaga. Aí, un adestrador anónimo que lle quixo facer un favor á humanidade descartouno por mediocre. Nembargantes, o seu irmán Manolo levouno xunto a el ó Valladolid, onde lle ensinou a dar cobadazos e tronzar pernas. Nesta época estivo a punto de deixa-lo fútbol ó recibir unha importante oferta para protagonizar unha secuela de "O planeta dos simios".

Moi cedo chamou a atención dos grandes do fútbol español. O Barça pensou que o fichara pero se trabucou e asinou ó seu irmán. Fernando chegou a un acordo co Atlético, posou ca camisola roxibranca no Calderón pola mañá e pola tarde os traizoou asinando polo Madrid, onde xogaría ate o 2003. Neste equipo escribiu grandes páxinas polo seu xogo limpo e deportivo, e as anécdotas que amosan a súa calidade humana se contan por centos.

hierro.JPG

Unha desas anécdotas foi cando á saída dun restaurante madrileño un home se lle achegou para pedirlle un autógrafo para o seu fillo. "Claro que si, buen hombre, ¿cómo se llama el niño?" "Jordi –respostou-" Hierro puxo na adicatoria algo así coma "Para JORGE con cariño..." O señor díxolle que "Pero... es que... se llama Jordi". "Puede ser, pero aquí estamos en España". Tamén destacou polas súas amenas conversacións cos árbitros ("ya no sabez como jodenno eh?!!!") e polo seu respecto pola multiculturalidade nos campos de xogo ("negro de mierda!!") (a Songo'o).
Na casa, ídem de lienzo. Segundo a súa muller, é un ser humano admirábel, divertido, responsábel e afábel, lle gusta o flamenco, que baila con estilo depurado, as películas de acción (¿seguro?) e gusta de preparar pratos de cociña mediterránea. Vamos, un anxeliño.

Chuzame! chuzame -

Arquivado en Odioteca | Comenta, non sexas rata »

O porqué de que non vaiamos ó campo

21 de Maio do 2007 perpetrado por otraveseiro

Read the rest of this entry »

Chuzame! chuzame -

Arquivado en Idas de olla | Comenta, non sexas rata »

Despegamos!

17 de Maio do 2007 perpetrado por otraveseiro

despegamos1.JPG

Neste blogue escribirei as miñas paridas sobre o marabilloso (e ás veces noxento), mundo do fútbol, o meu deporte favorito. Será dende unha perspectiva travesa e atravesada, sen deixar "títere con cabeza". Non é casualidade que escollera o Día das Letras Galegas para despegar, polo tanto, agardo que os comentarios sexan en galego... please.

Chuzame! chuzame -

Arquivado en Chámalle X | 2 Grandísimas aportacións »

Apoiamos a Isaac Díaz Pardo