Despegamos!

17 de Maio do 2007 perpetrado por otraveseiro

despegamos1.JPG

Neste blogue escribirei as miñas paridas sobre o marabilloso (e ás veces noxento), mundo do fútbol, o meu deporte favorito. Será dende unha perspectiva travesa e atravesada, sen deixar "títere con cabeza". Non é casualidade que escollera o Día das Letras Galegas para despegar, polo tanto, agardo que os comentarios sexan en galego... please.

Chuzame! chuzame -

Arquivado en Chámalle X |

2 Comentarios

  1. DJUKICA Escribiu:

    Moi boas…

    Fáiseme extrano escribir en galego pero son ordes (recomendacións valeee) do “xefe” e daquela tentarei non dicir moitas burradas como o noso querídisimo e innombrable (é que acabo de cear) toliño do foro do Depor.

    Os que paredes por alí saberedes a que me refiro.

    Pos iso, moita sorte nesta “aventura cibernética” na que te embarcas amigo e deixareime caer por aquí de cando en cando a botar unha olladiña.

    Pd: Unha cousa, o rapaz da foto xantou fabada?? vaia fume carallo, nin os petas dos meus colegas fan tanta “contaminación”.

    ;-D!!

  2. o traveseiro » Blog Archive » Hoxe estamos de cumpreanos Escribiu:

    […] pasa o tempo, hoxe se cumpre un ano dende que O Traveseiro despegou. Escollín o Día das Letras Galegas por un lado por compromiso e por outro para así non […]

Deixar comentario

Nota: Pode que o comentario tarde en se publicar, porque pode estar esperando moderación.

Apoiamos a Isaac Díaz Pardo