O porqué de que non vaiamos ó campo
21 de maio do 2007 perpetrado por
otraveseiro
Moito se fala dos motivos da escasa asistencia de seareiros ós campos de fútbol dun tempo a esta parte. Por unha banda están os que pensan que o PPV fai que a xente prefira ve-los partidos comodamente sentados no sofá da casa ou no bar, cos colegas. Se queda boa tarde é preferíbel ir dar unha volta, e se chove ou vai frío pois mellor ficar na casa.
No caso de Riazor coméntase que a xente está até os collóns do xogo do equipo, do aburridos que resultan os partidos e de que o Depor non se xoga nada. Mais o principal motivo non é ese, e o comprobei a semana pasada. As paredes do estadio herculino amenceron infestadas con cartaces (coma o da foto) de bestas venidas do averno, monstros terroríficos cada cal máis feo. A xente que se achega a Riazor sae escorrentada ó ver de preto eses horrorosos seres xunto ás portas de acceso ó estadio.
Os que intentan acceder a Riazor por Tribuna atópanse con cartaces de Luís Miguel e Manolo Escobar. Os que o fan por Preferencia recúan rapidamente ó toparse a Corcoba (a foto o di todo), ou ó candidato do Partido Galeguista (sic), o tal Carlos Marcos, que do feo que é cando naceu a súa nai non sabía se quedarse con el ou ca placenta.
Señor Caparrós, pode durmir tranquilo, os seus plantexamentos non son os culpábeis de que non vai xente a Riazor. Sergio, o mesmo digo, os afeccionados non teñen medo ós seus balonazos, senón á decoración do campo. Caso resolto.
chúzame - Arquivado en Idas de olla |


