De fútbol e touradas.
29 de maio do 2007 perpetrado por
otraveseiro
O outro día lin un chiste que dicía que estaban dous amigos e un lle di ó outro: "Non hai nada mellor que o fútbol e unha boa corrida". E o outro replicoulle: "E os touros, non che esquezas dos touros..."
Pois a semana pasada houbo touros na madrileña praza das Ventas, e como non pode haber corrida sen cabestros, aquí temos unha foto de tres deles, en primeira liña, contemplando este bonito, e para nada sádico, espectáculo para tódolos públicos.
O da dereita, Ramón Calderón, presidente do Real Madrid. Conqueriu este posto despois de prometer que se saira elexido ficharía a Kaká e Cesc. Saíu vencedor dunha maneira un tanto sospeitosa (putxerazo ez!), pero non hai rastro deses xogadores.
O do medio, Fabio Capello, adestrador do Madrid. É admirador da política de Franco, e un amante do bo fútbol, pero non o practica, o que si practica son os cortes de mangas ós seus propios afeccionados. Hai dous meses a prensa madrileña o poñía a parir, ó igual que o público do Bernabeu. Nembargantes agora parece ser que o tipo é a rehostia, un estratega de moito coidado, un Napoleón dos banquiños.
O da esquerda, o menos coñecido, o presidente do Xetafe, un bocas que se mete en tódolos fregaos. Curiosamente é o socio trintamil e pico do Madrid, pero o outro día dixo que preferiría que gañase a liga o Sevilla (?), repito, É SOCIO DO MADRID.
Lembrando a mítica frase do Colectivo Electrón, "Touros si, toureiros non"... "Fútbol si, presidentes e adestradores capullos non".
chúzame - Arquivado en Actualidade |



