Mané, mestre africano.

20 de Xuño do 2007 perpetrado por otraveseiro

Dende que puxeron buzón de publicidade no meu edificio é compricado atopar desta entre a correspondencia. Sen embargo sempre se cola algunha, case que sempre do mesmo sitio, dunha clínica dental (dentistas carniceiros) que obrigan aos “buzoneadores” a introduci-la no buzón personalizado. Tamén atopas de cando en vez a clásica publicidade pequena de cerraxeiros, fontaneiros... Mais o outro día atopei unha fotocopia no que o anunciante era o actual adestrador do Athletic de Bilbao, José Manuel Esnal, “Mané”. Velaí a tedes.

profesor-mane.JPG

Non hai nada nese anuncio que xa non souberamos, agás a súa procedencia, pois cando menos eu non tiña nin idea que Mané era africano, xa que o disimulaba bastante ben: “ahí va la hostia, tú”. Do demais xa estaba ao tanto. Non hai que ser un hacha para ver que tódolos equipos que teñen problemas botan man dos seus servicios. E da súa eficacia e garantía tamén, pois aí están os seus resultados sacando ó Athletic do pozo.

mane.JPG

Outra proba que amosa os seus poderes coma espiritualista e científico (Azkargorta foi o seu mestre) que conquerira xogar unha final da UEFA cun equipo, o Alavés, que tiña como dianteiro a Javi Moreno, xogador paquete onde os haxa. Por certo, como podedes comprobar, borrei o número de teléfono, unha porque Mané non escoita ofertas até que se celebren eleccións no Athletic, e outra porque no vaia ser que Lendoiro lea esto por casualidade e se lle dea por ficha-lo.

Chuzame! chuzame -

Arquivado en Idas de olla | Comenta, non sexas rata »

A FIFA, contra Oliver e Benji.

5 de Xuño do 2007 perpetrado por otraveseiro

Aos mandamases do fútbol mundial (FIFA) non lles chega con foder aos xogadores, clubes e federacións que ousan plantarlle cara. Agora van tamén a por "Oliver e Benji", ¿cómo? Pois prohibindo o fútbol nas alturas. Perú, Bolivia ou Colombia puxeron o berro no ceo, mais non se deron conta que en realidade ían a polos xaponeses.

supercampeones.JPG

Esta decisión que tomaron na última reunión demostra que están en contra do fútbol espectáculo de "Supercampeones". Parece que lles fode, e moito, que en Xapón fagan o que lles saia do carallo, que un partido dure tres semanas e que un penalti tarde en lanzarse vinte minutos, e seica por fin atoparon a solución para rematar con eles. Como resultado, millóns de nenos e maiores (Valdano, por exemplo) de todo o mundo terán que quedarse sen ve-la súa serie favorita. E xa de paso engrosa-la cola do paro.

korioto.jpg

-Oliver Atton traballará vendendo colirio dilatador de pupilas polas rúas de Tokio.
-Benji Price adicarase a comentar partidos de Champions en Antena 3 sustituindo a Manu Sánchez, ao que á súa vez botaron por pesao.
-Os irmáns Korioto colgarán as botas para adicarse a ameniza-los descansos dos partidos do Madrid, público que se conforma con ben pouco.
-O seu míster acabará na indixencia, ata que o chame o Celta para se-lo adestrador do primeiro equipo en substitución de Stoichkov.

Chuzame! chuzame -

Arquivado en Idas de olla | 1 Grandísima aportación »

Apoiamos a Isaac Díaz Pardo