Mané, mestre africano.
20 de xuño do 2007 perpetrado por
otraveseiro
Dende que puxeron buzón de publicidade no meu edificio é compricado atopar desta entre a correspondencia. Sen embargo sempre se cola algunha, case que sempre do mesmo sitio, dunha clínica dental (dentistas carniceiros) que obrigan aos “buzoneadores” a introduci-la no buzón personalizado. Tamén atopas de cando en vez a clásica publicidade pequena de cerraxeiros, fontaneiros... Mais o outro día atopei unha fotocopia no que o anunciante era o actual adestrador do Athletic de Bilbao, José Manuel Esnal, “Mané”. Velaí a tedes.
Non hai nada nese anuncio que xa non souberamos, agás a súa procedencia, pois cando menos eu non tiña nin idea que Mané era africano, xa que o disimulaba bastante ben: “ahí va la hostia, tú”. Do demais xa estaba ao tanto. Non hai que ser un hacha para ver que tódolos equipos que teñen problemas botan man dos seus servicios. E da súa eficacia e garantía tamén, pois aí están os seus resultados sacando ó Athletic do pozo.
Outra proba que amosa os seus poderes coma espiritualista e científico (Azkargorta foi o seu mestre) que conquerira xogar unha final da UEFA cun equipo, o Alavés, que tiña como dianteiro a Javi Moreno, xogador paquete onde os haxa. Por certo, como podedes comprobar, borrei o número de teléfono, unha porque Mané non escoita ofertas até que se celebren eleccións no Athletic, e outra porque no vaia ser que Lendoiro lea esto por casualidade e se lle dea por ficha-lo.
chúzame - Arquivado en Idas de olla |


