Até os collóns dos Beckham.

27 de xullo do 2007 perpetrado por otraveseiro

Refírome a David e Victoria. Aos seus fillos, Brooklyn, Cruz e Romeo hai que respeita-los namentres sexan cativos, xa teremos tempo a critica-los para cando se volvan xilipollas coma os seus pais. De momento só son nenos e non teñen culpa de seren fillos de tremendos especimens.
beckhams1.JPG

Cando souben que Beckham ía deixa-lo fútbol español levei unha grande ledicia pensando que desta forma deixarían de bombardearnos nos medios de incomunicación sobor o que fai ou deixa de facer Becks. Pero o gozo nun pozo, resulta que o tío se vai para USA e aínda así se duplican os cotilleos da súa vida na prensa, radio e televisión. Que si mudou de corte de pelo, que si Vicky foi o programa de Jay Leno, que si leva extensións porque ten pouco pelo, que si Becks non adestra porque lle doe un nocello e sen embargo anda de festa en festa todo o día...

En definitiva, que parecía que o presi dos Galaxy, Alexi Lalas (aquel ex-xogador paquete con perilla de chibo) nos facía un favor e fixo todo o contrario. Sempre nos queda a esperanza de que paseando polas rúas de Hollywood se topen con Chuk Norris e lles dea unha boa malleira de hostias. Vendo as pintas que levan, non sería de estrañar que os confundira con indixentes.

Remato lembrando o que dixo Beckham na súa presentación como futbolista do Madrid, propio dunha mente privilexiada como a súa: “Amo el fútbol, amo a mi familia”. Estou de acordo ao 50%, eu tamén amo o fútbol, pero odio a túa familia.

Chuzame! chúzame -

Arquivado en Odioteca |

Comentarios

  1. Volkoff Escribiu:

    Pois nos últimos días vexo poucas novas sobor dos Becks. Queremos saber! Xa sexa polo do pobriño Puerta, polo comenzo da liga, Polos catro fantásticos dos collons, polos goles do neno Torres nel spanish liverpool… a prensa abandonounos :o(
    A quen importa o demais se podemos vibrar cos Anxeles Galaxy e o glamour da reina fashion no palco, a desexada Vicky.

Deixar comentario

Nota: Pode que o comentario tarde en se publicar, porque pode estar esperando moderación.

Apoiamos a Isaac Díaz Pardo