Discípulos de Aznar
30 de xullo do 2007 perpetrado por
otraveseiro
Este siareiro do Schalke 04 alemán opina igual que Aznar, mais non se dá de conta que a súa nai (ou a muller que o ature) é quen lle ten que lava-la roupa poteada, ou mesmo os colegas que teñen que chamar a un guindastre para leva-lo para a casa.
Mais aparte de siareiros tamén hai e houbo xogadores de fútbol profesionais chuzas e confesos. O penúltimo descubrimento foi o do xogador brasileiro do Inter, Adriano, que declarou que lle pega ao alcohol para esquece-las penas. A clasificación histórica a encabeza o recentemente falecido (por ese motivo) George Best, mítico xogador norirlandés do Manchester dos sesenta, e que nos deixou grandes frases para a historia como “En 1969 deixei as mulleres e o alcohol. Foron os peores vinte minutos da miña vida”. Ou “Gastei moitos cartos en coches, alcohol e mulleres... o resto o despilfarrei”.
Outros famosos levantadores de vidrio en barra fixa e futbolistas máis recentes son Tony Adams, que declarou que un día se bebeu o seu propio peso en cervexa, ademais de darlle á farlopa. E como non, Paul Gascoigne, que aparece dialogando co seu mestre Aznar nesta foto.
chúzame - Arquivado en Chámalle X |




decembro 11th, 2007 ás 8:34 pm
Que triste…..
nada k ver gascoigne con aZNAR….
NADA!