Prohibido prohibir

1 de agosto do 2007 perpetrado por otraveseiro

prohib.jpg

A verdade é que o carteliño se as trae. A foto está sacada nun campo de por aí, da Terceira División. Se nota só polo feito do aforrativo do cartaz, tres mensaxes nun:

- “Prohibido comer pipas”.
Está claro que o que se lle ocorriu esa prohibizón é o que limpa as bancadas ou ben un tipo ao que non lle gusta o fútbol e endexamais foi a un partido, e moito menos de cativo. Prohibi-las pipas no fútbol é como face-lo propio cas palomitas no cine, ou sexa, unha cafrada.

- “Está totalmente prohibido arrojar objetos al terreno de juego”.
A xente non arroxa obxectos ao terreo de xogo, e respetuosa co céspede. O malo é que custa atinar cos futbolistas contrarios ou co árbitro, así que é inevitábel darlle ó terreo de xogo, que non ten culpa.

- “Utilice las papeleras”.
É dicir, que non consideran as papeleiras como obxectos, por iso recomendan que en lugar de tirar obxectos ao campo, hai que tira-las papeleiras. Sen dúbida é moito máis doado de darlle a alguén na cachola ca papeleira que con unha moeda ou chisqueiro.

peidos.JPG

Pero voltemos ao espeluznante primeiro punto. Vale que prohiban meter no campo bebidas alcohólicas, estupefacientes, psicotrópicos, estimulantes ou substancias análogas, bengalas, fogos de artificio, símbolos ou emblemas que inciten á violencia (extraído todo do reverso dunha entrada futboleira)… senón que XA PROHIBEN AS PIPAS. ¿Qué será a vindeira cousa que prohiban? Pois por exemplo:

- Irse do campo antes de que remate o partido.
- Asubiar ao equipo contrario.
- Entrar no campo co partido comezado.
- Erguerse do asento, somentes cando haxa gol, e para iso só dez segundos.
- Prohibido abandoa-la localidade, agás no descanso ou no final do partido, ou previa solicitude por escrito ás forzas da orde.
- Enarbolar bandeiras.
- Axita-los panos brancos. Aparte de ser un foco de infección, isto é fútbol, non os touros.

Chuzame! chúzame -

Arquivado en Chámalle X |

Deixar comentario

Nota: Pode que o comentario tarde en se publicar, porque pode estar esperando moderación.

Apoiamos a Isaac Díaz Pardo