A decadencia de Camacho.
11 de agosto do 2007 perpetrado por
otraveseiro
Non nos enganemos, a carreira de Camacho como adestrador está en punto morto, e non me extraña nadiña que ninguén o contrate. Supostamente non o queren polas súas pretensións económicas, pero en realidade ¿quen o vai fichar? Lembremos que hai algo menos de dez anos asinou contrato polo Madrid e despois os deixou tirados antes de escomeza-la tempada porque non lle gustaba o que se cocía alí dentro.
Anos máis tarde, comanda un novo fracaso da selección española, eso si, dando espectáculo (no banquiño, el e os seus sobacos). Despois ficha novamente polo Madrid pero unha vez máis dimite porque non podía ca situación. O tío moi chulo cando adestraba ao Raio ou Espanyol, berrándolles aos futbolistas nos adestramentos, que si hai que poñer collóns, que si os partidos se gañan por testiculina e patatín e patatán... Chegou ao Madrid e quixo face-lo mesmo pero os galácticos non o aturaban e non pararon ate que Camacho dimitiu. Moito alardear de man dura e ao final se rilou pola pata abaixo. O caso é que aínda por riba tivo o morro de tentar voltar ao Madrid como director deportivo dun candidato á presidencia, pero non saíu elexido.
A día de hoxe non ten equipo, así que se adica ao marabilloso mundo da publicidade televisiva. Xa fixera os seus pinitos con Citroën (vamos vamos que nos vamos), e agora semella que en Murcia non teñen un murciano máis coñecido que teñen que botar man do de Cieza para representa-la imaxe da rexión anunciando urbanizacións de luxo con campos de golf (¿pero estes non tiñan falta de auga?). E por si xa non fora pouco atopa-lo na tele cada dous por tres co anuncio de marras, o outro día poño o Tomate e tamén sae, pero non vendendo pisos, senón totalmente borracho nunha cea con familiares e amigos en Ibiza. Esto si que é decadencia e non a de Maradona.
chúzame - Arquivado en Chámalle X |




agosto 26th, 2007 ás 9:48 am
A verdade o tipo ultimamente ante a primeira dificultade non o pensa e bota a correr. Se eu fose entrenador do Madrid non lle faría máis putadas.