Victoria “sudada”
24 de agosto do 2007 perpetrado por
otraveseiro
Onte fixen de tripas corazón e atrevinme a ver un pouco do partido amigábel Grecia-España. Polo visto se disputou de miragre, xa que o campo parecía unha leira e os españois non querían xogar por temor ás lesións. Xa dende o principio o espectáculo era dantesco, os equipos pousando namentres soaban os himnos e detrás dous grandes bandeiras gregas, e xusto no medio, a mascota da selección, Manolo "El del bombo", sostendo brazos en alto ese bonito e sofisticado instrumento. Isto non ven moi a conto, pero gustaríame saber cantos anos ten ese home, que o recordo dende que teño uso de razón, sempre facendo o ridículo polo mundo enteiro. Eu xa non son un cativo, por iso o digo.
Bo, pois o caso é que o título desta anotación non ven a conto de que España gañou con apuros, no derradeiro intre, senón ao xeito de comparecer tralo partido do seleccionador Luís Aragonés. O tío xa era famoso polas imaxes nos banquiños "xogando" ca dentadura postiza e a súa pintiña de desaseado, e falando en roldas de prensa namentres se rabuñaba o sobaco ou a orella.
Pois hoxe puiden capturar da TV esa nova imaxe do sabio (?) de Hortaleza suando coma un cocho ante os medios de comunicación. A suor lle caía pola fronte e por embaixo do nariz. Ademais, despeiteado, as gafas descolocadas, ao igual ca garabata... e a todo isto, non sae na foto, pero berrando coma un tolo algo así como "¡Estoy alucinado, yo es que estoy alucinado!", referíndose ao problema do céspede.
A ver se hai algún valente que se poida achegar a el (polo previsíbel mal cheiro e o carácter violento da personaxe) que lle diga que aínda que el non xogase, de cando en vez non viría mal darse unha ducha despois dos partidos. Por certo, que os pelotas de Antena 3 achacaban esa imaxe sudorenta de Aragonés á calor e ao exceso de humidade. Que casualidade que só lle afecte a el de toda a expedición.
chúzame - Arquivado en Chámalle X |



agosto 30th, 2007 ás 9:54 am
Non me jodere, que acabo de desayunar os Kellogs!! fas que se me revolva o estómago!
Luis Aragonés suando?? Prefiro á Aramis Fuster en bolas,,, que xa é moito dicir!!!
Pd: Agora que o penso, creo que un requisito para ser seleccionador nacional é suar coma unha prea… que non recorda os sobacos do grande Macho Camacho??…
Ala, xa botei a pota!! puafff