O estadio máis pequeno do mundo

25 de agosto do 2007 perpetrado por otraveseiro

Se lle facemos caso á (des)información da web do diario deportivo madrileño AS, o estadio máis pequeno en canto a aforo da Primeira División é o da UD Almería. Pero ademais non hai campo na Segunda División máis pequeno, nin en Segunda B, nin en Terceira, nin en Preferente... e así sucesivamente.

En realidade non atopamos campo en todo o Estado, nin de seguro en Europa, América, Asia, África, ou mesmo Oceanía cunha cifra tan baixa en canto a número de persoas que poden asistir a un partido de fútbol: 0 (cero) ESPECTADORES.

capture_08242007_230302.jpg

E iso que o estadio é relativamente moderno. O Estadio del Mediterráneo inaugurouse no ano 2004, e se construíu precisamente para albergar os Xogos do Mediterráneo, competición que non pode ser de moita magnitude cando fan un estadio con esa capacidade.

Visto o visto, no vindeiro encontro que dispute o Almería no seu terreo de xogo, perante o Valencia, non vai caber nin un alfinete, pero non porque sexa o debut en primeira do equipo na súa casa, senón porque non vai poder entrar nin cristo polo escaso aforo.

Chuzame! chúzame -

Arquivado en Xornalistos |

3 Comentarios

  1. Fournieur Alan Escribiu:

    Ti tamén, para unha vez que no AS poñen unha mentira sen ánimo de terxiversar…

  2. Djukica Escribiu:

    Pra min que usaches o fotochop. Explícome: O campo do Almería non ten capacidade para 0 persoas, ten capacidade para 10,,, que o vin eu!!!!

    Hay que mala leche tedes!!!

    Pd: Non poderia ser outro estadio? xusto ten que ser o do Almería que nos gañou 0-3, e NOS TOMOU O PELO como diría Ricardo Gallego (jajaja)

  3. otraveseiro Escribiu:

    Nin fotochop nin hostias, ademais seguen sen correxi-lo erro. Aínda por riba hoxe publican no mesmo xornal que 1200 almerienses estarán no Bernabéu, o cal non me extraña nadiña, pois teñen que ir fóra para ver ao seu equipo xa que no seu campo non caben.

Deixar comentario

Nota: Pode que o comentario tarde en se publicar, porque pode estar esperando moderación.

Apoiamos a Isaac Díaz Pardo