Se che vai caer o pelo
27 de agosto do 2007 perpetrado por
otraveseiro
Eso foi o que lle deberon de dicir ao australiano Stan Lazaridis cando xogaba no Birmingham City. O tipo tomou moi en serio esa advertencia, até tal punto que decidiu medicarse para combate-la alopecia. O problema é que a substancia que contén o “crecepelo”, a finasteride, é dopante. En Inglaterra tiña permiso para consumi-la, non así no seu país. O caso é que Lazaridis deu positivo no pasado mes de novembro por esta substancia, e cas coñas lle meteron unha sanción dun ano, polo que non poderá participar co Perth Glory, actual equipo ate ben entrada a tempada, en decembro e na xornada décimoquinta.
Por certo, o da foto non é Lazaridis, senón Ricardo Gallego (ex do Real Madrid), que como se pode apreciar, tiña un bo pelaso, que foi perdendo co paso dos anos, algo bastante habitual nos seres humanos pero que hai xente que non o asume. O australiano este é unha mostra e que ademais tira por terra a teoría de que che podes quedar calvo de tanto pensar. Ramón Calderón, presi do Madrid, tamén nos vale como exemplo.
chúzame - Arquivado en Chámalle X |



agosto 30th, 2007 ás 9:48 am
Manda carallo co crecepelos do demo, xa dicía eu que o potingue que comprei anunciado no suplemento dominical da Coz tiña un cheiro que alimentaba…
Mmmmmm…
Crecepelos en vea, o yonki das guedellas vanme a chamar. :D!!
Pd: E falando de calvos, alguén recorda haber visto algunha vez, aunque só fose unha, a Pier Luigi Collina con pelo?? Eu na vida, sería unha imaxe curiosa. Creo que naceu sen pelo, que nunca o tivo jajaj!!