O diaño sobre rodas
30 de agosto do 2007 perpetrado por
otraveseiro
Cecais debería titular "O mongol sobre rodas", para evitar confusións ca famosa película de Spielberg dos setenta, pero o título vale igual pola semellanza, ámbolos dous son un perigo para a seguridade vial. A diferencia é que este non leva un xigantesco camión cisterna se non unha cutre Nissan Vanette tuneada dun xeito que... non sei cal é a palabra máis axeitada para defini-lo... si, xa o teño, VOMITIVO. Para ve-las fotos premer nelas (non aptas para estómagos delicados).
As fotos as tomei nun parking público durante o pasado Trofeo Teresa Herrera, onde o Madrid veu unha vez máis a que lle deramos polo cú en forma de derrota, para non variar. A diferencia da liga, e ao ser pleno agosto, é que o Madrid trouxo siareiros, e entre os diversos especimens atopamos ao noso heroe.
Non están tódalas fotos que son, ou o revés, ou como carallo se diga. Unha lenda percorre todo o lateral da furgalla: "En el cielo manda dios, en la tierra el Real Madrid". Non está nada mal, aínda que o máis normal coñecendo ao propietario é que puxera que "En el cielo manda Juanito y en la tierra Raúl". Dentro, aparte dos asentos enfundados con camisolas do Madrid, hai diverso material dos ultrasur e de Ejpaña en xeral, coma bufandas e bandeiríns, aparte de restos de comida, toallas, papel hixiénico, botellas... vamos, un foco de infección en toda regla. Loxicamente non entrei pero o cheiro o imaxino, e debe feder como a planta de residuos de Nostian nun día de calor.
Un amigo comentábame con toda a razón que o que lle parecía raro é que a furgoneta non fose branca, e eu penso que si é branca, pero ten tanta merda enriba que non se nota. Iso ou que é a décima furgalla que tunea. As anteriores eran brancas, pero se as racharon todas neses campos de deus (e o que ten ir provocando) e só puido conquerir a bo prezo esta Vanette gris amarronada.
chúzame - Arquivado en Xentes da grada |



setembro 2nd, 2007 ás 1:15 pm
O que eu digo é que non me importa que un crea nas cousas máis absurdas, como por exemplo en Cristo ou no Real Madrid, simplemente que non fagan proselitismo.
setembro 4th, 2008 ás 2:41 am
[...] se tes só algún pequeno distintivo do teu clube no carro, pero se o levas totalmente tuneado con algo máis que coas cores do teu equipo, por dentro e por fó…. Neste caso xa podes pregar a deus para que non sufra ningún tipo de danos. Por certo, que o [...]