Até os collóns dos Beckham (II)

27 de Setembro do 2007 perpetrado por otraveseiro

Non hai que ser un lince para saber que eu non son o único home sobre o planeta Terra que odia aos Beckham. Ben seguro que hai millóns de persoas anónimas coma min que están até os collóns deles. O que me choca, e bastante, e que xa os califiquen coma "odiosos" nos Estados Unidos. Concretamente a revista neoiorquina Radar, que os coloca encabezando o ranking que fan das persoas, lugares ou cousas máis odiadas polos norteamericanos.

losbeckham.jpg

Din deles que "el é un xogador sobrevalorado, e ela unha insustancial colección de partes do corpo". Esa conclusión non a sacaron escoitando conversacións en calqueira cervexaría ou bareto futboleiro, non, a obtiveron usando un método científico que inclúe ecuacións sobre o número de aparicións nos medios e tertulias e a lonxevidade da súa fama. Realmente flipante.

Outra curiosidade é que a publicación esta non é precisamente un fanzine satírico do que os Beckham (e sobretodo Vicky) poderían pensar que o que din é por envexa. A revista está feita por e para pixos e xente adinerada da zona de Manhattan. Se os americanos da súa mesma clase social os poñen verdes levando tan só tres meses alí... ¿qué pensarán deles os da plebe cando leven anos aturándoos como nós? Non resulta descabelado pensar que calqueira día un tolo (ao que lle estarei eternamente agradecido) lles meta catro tiros ao estilo Mark Chapman.

Chuzame! chuzame -

Arquivado en Odioteca | Comenta, non sexas rata »

Non se aclaran

24 de Setembro do 2007 perpetrado por otraveseiro

Os primeiros en non aclararse, os redactores das edicións dixitais de As e La Voz de Galicia que transcriben cadanseu as verbas de Lotina como lles sae do carallo.

lotinas.JPG

lotivoz.JPG

E por último, o protagonista da nova, Lotina, que o que di non se corresponde co que nos mostra no campo. ¿Non querías non xogar atrás e non gañar 0-1 marcando nunha contra ou nun córner? Vale, pois ao final nin fútbol ofensivo nin gol de potra, nin nada.

Chuzame! chuzame -

Arquivado en Xornalistos | 1 Grandísima aportación »

Roncero e Xulieta

19 de Setembro do 2007 perpetrado por otraveseiro

Por se hai algunha dúbida, o papel de Xulieta é interpretado por Raúl González. Un xogador que para o meu gusto sempre foi do montón pero que sempre estaba aí para empurra-la. Mais hoxe practicamente só está para correr detrás do balón coma un polo sen cabeza e de cando en vez meter algún que outro goliño. Esto último é algo normal nun xogador dun equipo que crea moitas ocasións e aínda por riba xogando arriba, pero a prensa madrileña cada vez que o fai (marcar algún gol) xa o sube ao máis alto, o califica de imprescindíbel, tamén na selección, e o pelotea de tal maneira que acaban producindo arcadas. Pero case que ningún chega a facer potear como o que lin hoxe no As.

Concretamente un artigo de Tomas Roncero, xornalista coñecido polo seu forofismo branco e porque muda máis de opinión que de calzoncillos, conseguindo deste xeito a admiración de moitos afeccionados. O artigo en cuestión, en Versión Orixinal:

"Pasado, presente y futuro del Real Madrid. El inmortal. Capitán Coraje. Brazalete de acero. Piraña insaciable del Bernabéu. El héroe tiene 30 años, pero juega como si fuese un crío de 20. Anoche recorrió 9.042 metros antes de ser sustituido entre un clamor de esa Nación Blanca que asiste feliz a su reencuentro con el buen fútbol, los triunfos y la recuperación de los valores perdidos. Raúl se merece la Laureada del Madrid (sólo la tienen Pirri y Benito) y alfombra roja para lo que le reste de carrera. Su gol número 57 le mantiene en la cumbre de los killers de la Copa de Europa. Ya suma 111 partidos y me lo imagino levantando el 21 de mayo, en el estadio Luzhniki de Moscú, su cuarta corona de la Champions (¡Gento a la vuelta de la esquina!). En el partido número 300 del Rey de Reyes, Raúl se comportó como el general Leónidas en la heroica Batalla de las Termópilas. Un gol de cabeza y asistencia a Ruud en el remate del triunfo salvador. Otra muesca más en el revólver del gran depredador. SMS para Luis Aragonés: 'Si quieres que España juegue la Eurocopa, llévale a Dinamarca. O calla para siempre...'."

luis.JPG

Por certo, mola a análise que fan dese gol nese mesmo xornal: "El testarazo de Raúl resultó casi inexplicable, porque el capitán golpeó con la cabeza casi dislocada, como los perros de la parte de atrás del coche. Tenía un defensa en la grupa, poco tiempo y ángulo escaso. Pero marcó. Raúl es Raúl y hay verdades inexplicables que se repiten para que nos enteremos de una vez."

En fin, que unha cousa é admirar ou terlle afecto a un futbolista e outra é escreber un artigo como ese, no que parece xa non que Roncero pareza estar namorado de Raúl, que o está, senón que se quere deitar con el, a facer guarreridas españolas.

Chuzame! chuzame -

Arquivado en Xornalistos | Comenta, non sexas rata »

Caneda fuma herba

18 de Setembro do 2007 perpetrado por otraveseiro

Iso ou que perdeu definivamente os papeis, se é que os tivo algunha vez. O autor de grandes perlas coma "aos feitos me REPITO…, RASCARSE as vestiduras…, PATACA minuta…, estamos de CASPA caída…, estamos entre a ESPALDA e a parede ou ADORAR a píldora" superouse a sí mesmo dicindo que "O COMPOS ESTARÁ EN PRIMEIRA DIVISIÓN EN CINCO ANOS"

caneda.JPG

Para os que non segan as categorías inferiores informar que o Compos está en Rexional Preferente, unha especie de Quinta División. Ademais, teñen unha débeda do copón, a Federación Galega os sanciona até por non pagar os honorarios arbitrais e aos seus partidos van unha media de douscentos espectadores. Nese pozo os meteu o propio Caneda, cousa que non recoñece: "O Compos se foi ao tacho pola mala xestión de tres grupos políticos", e que aínda por riba di que el o mellor xestor do fútbol español porque "baixei de primeira con 1200 millóns de superávit". Para mexar e non botar pinga.

Remato cunha frase extradeportiva deste elemento que lle leín hai un par de anos e que aínda gardo como ouro en pano:
"Hai xente que ten diabete ou retención de orina, e eu reivindico uns servizos nos soportais de San Lázaro para que a xente maior non se ande a agochar. E unha cafetería, por se a algún lle ven un baixón de azucre".

Chuzame! chuzame -

Arquivado en Defecacións verbais | Comenta, non sexas rata »

Apoiamos a Isaac Díaz Pardo