Caneda fuma herba
18 de setembro do 2007 perpetrado por
otraveseiro
Iso ou que perdeu definivamente os papeis, se é que os tivo algunha vez. O autor de grandes perlas coma "aos feitos me REPITO…, RASCARSE as vestiduras…, PATACA minuta…, estamos de CASPA caída…, estamos entre a ESPALDA e a parede ou ADORAR a píldora" superouse a sí mesmo dicindo que "O COMPOS ESTARÁ EN PRIMEIRA DIVISIÓN EN CINCO ANOS"
Para os que non segan as categorías inferiores informar que o Compos está en Rexional Preferente, unha especie de Quinta División. Ademais, teñen unha débeda do copón, a Federación Galega os sanciona até por non pagar os honorarios arbitrais e aos seus partidos van unha media de douscentos espectadores. Nese pozo os meteu o propio Caneda, cousa que non recoñece: "O Compos se foi ao tacho pola mala xestión de tres grupos políticos", e que aínda por riba di que el o mellor xestor do fútbol español porque "baixei de primeira con 1200 millóns de superávit". Para mexar e non botar pinga.
Remato cunha frase extradeportiva deste elemento que lle leín hai un par de anos e que aínda gardo como ouro en pano:
"Hai xente que ten diabete ou retención de orina, e eu reivindico uns servizos nos soportais de San Lázaro para que a xente maior non se ande a agochar. E unha cafetería, por se a algún lle ven un baixón de azucre".
chúzame - Arquivado en Defecacións verbais |


