Até os collóns dos Beckham (II)
27 de setembro do 2007 perpetrado por
otraveseiro
Non hai que ser un lince para saber que eu non son o único home sobre o planeta Terra que odia aos Beckham. Ben seguro que hai millóns de persoas anónimas coma min que están até os collóns deles. O que me choca, e bastante, e que xa os califiquen coma "odiosos" nos Estados Unidos. Concretamente a revista neoiorquina Radar, que os coloca encabezando o ranking que fan das persoas, lugares ou cousas máis odiadas polos norteamericanos.
Din deles que "el é un xogador sobrevalorado, e ela unha insustancial colección de partes do corpo". Esa conclusión non a sacaron escoitando conversacións en calqueira cervexaría ou bareto futboleiro, non, a obtiveron usando un método científico que inclúe ecuacións sobre o número de aparicións nos medios e tertulias e a lonxevidade da súa fama. Realmente flipante.
Outra curiosidade é que a publicación esta non é precisamente un fanzine satírico do que os Beckham (e sobretodo Vicky) poderían pensar que o que din é por envexa. A revista está feita por e para pixos e xente adinerada da zona de Manhattan. Se os americanos da súa mesma clase social os poñen verdes levando tan só tres meses alí... ¿qué pensarán deles os da plebe cando leven anos aturándoos como nós? Non resulta descabelado pensar que calqueira día un tolo (ao que lle estarei eternamente agradecido) lles meta catro tiros ao estilo Mark Chapman.
chúzame - Arquivado en Odioteca |



