Naturais de Mongolia

30 de Outubro do 2007 perpetrado por o traveseiro

mongoles1.jpg

¿Que como sei que estos notas son mongois se polos rasgos poden ser de calqueira lugar de Asia? Pois é doado deduci-lo.

1. Están xantando nun Macdonalds.
2. Son catro e están nunha mesa para dous.
3. Teñen toda a pinta de non teren nin puta idea do que siñifica eso que fan co brazo.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Arquivado en Xentes da grada | 1 Grandísima aportación »

O balón intelixente

11 de Outubro do 2007 perpetrado por o traveseiro

balonintelixente.JPG

O vindeiro mes de Decembro celebrarase no Xapón o Mundialiño de Clubes, e no mesmo porase a proba un novo balón, o intelixente, co que pretenden acabar cos chamados goles pantasma. Este novo esférico, da marca Adidas, estará dotado cun chip electrónico que alertará aos árbitros cando o balón traspase a liña de gol. Tamén haberá sensores electrónicos nos postes e na propia liña da portería.

Agora que xa temos balón intelixente só nos queda agardar a que se lles pegue esa mesma cualidade do balón a moitos dirixentes do noso fútbol, ou cando menos que eses esféricos sexan tan bos coma o da viñeta. Polo ben do fútbol.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Arquivado en Actualidade | 2 Grandísimas aportacións »

Amigos e algo máis

3 de Outubro do 2007 perpetrado por o traveseiro

unitedblowe6076a7aba6291dh.jpgDi Cristiano Ronaldo, extremo portugués do Manchester United que «A miña relación con Rooney é xenial, coma sempre foi, antes do Mundial, despois do Mundial e tamén agora».

Non fai falla nin que o xure. A bulla que protagonizaron ámbolos dous no pasado Mundial de Alemaña xa é auga pasada. Lembremos que Cristiano Ronaldo provocara a expulsión de Rooney chibándose ao árbitro dunha suposta agresión do inglés a Ricardo Carvalho.

Como demostra a foto, agora se levan tan, tan, tan ben, que até practican sexo oral no terreo de xogo, ante miles de siareiros, para que non haxa dúbidas da súa amizade.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Arquivado en Defecacións verbais | 1 Grandísima aportación »

O inquedante mundo de Bustamante

1 de Outubro do 2007 perpetrado por o traveseiro

Os lucrativos negocios da música e do fútbol teñen infinidade de semellanzas, coma por exemplo os seus principais protagonistas, músicos e futbolistas.
Hai futbolistas que son uns auténticos torcebotas que por caprichos do destino chegan a primeira división, facendo sufrir co seu xogo aos seus siareiros, e retirándose aos trinta e pico anos forrados de pasta. Moitos deses cada vez que asinan cun equipo din que sempre quixeron xogar nese clube, que son del dende pequenos e ate bican a camisola. Logo, cando se van para outro equipo chegan predicando o mesmo.

bustamante1.JPG bustamante2.JPG

Na música pasa algo parecido. Cantantes (por chamarlles algo) que cobran millonadas por facer concertos en pobos e cidades, estafan aos seus fans cantando en playback e tamén aos que non o son, que indirectamente lles están a pagar (cobran de diñeiro público). Moitos dos que se atreven a cantar en directo atentan contra a música e os oídos da xente.

David Bustamante (San Vicente de la Barquera –Cantabria- 1982) é un exemplo de pésimo músico que ben podería ser futbolista mercenario. O tipo de feito quería ser futbolista pero rematou traballando de albañil, ate que os seus compañeiros, fartos de atura-los seus gorgoritos na obra, o convenceron para que se apuntara a Operación Triunfo, onde se fixo famoso.

Pero nunca deixou de lado a súa afección ao fútbol, pois de cando en vez se lle vía participar en pachangas e actos envolto en camisolas de diversos equipos, amén de cantar a prol da selección española (así lles vai).

bustamante4.JPG

Este verán recibiu a chamada do Rácing de Santander para que servira de imaxe para a campaña de captación de socios, sacarse o abono e xa de paso compoñe-lo novo himno do equipo, por suposto pasando por caixa. 30.000 euros nada máis e nada menos se embolsou o fenómeno este por compoñe-lo himno do seu suposto equipo de toda a vida e posteriormente interpreta-lo no Racing-Barça da primeira xornada. Un anaquiño do mesmo:

«Se respira ganador/mis paisanos verdiblancos/ son testigos de este honor/por tener a un noble equipo que es orgullo en mi región/los colores de la tierra tú defiendes con pasión./El verde intenso de las montañas/y el blanco espuma de tu bravo mar/casta y raza no te faltan/vamos juntos a ganar»

Xa é delicto fichar a Bustamante para que compoña tamaño himno, pero aínda por riba ¿pagarlle por elo?

Chuzame! A Facebook A Twitter

Arquivado en Odioteca | 2 Grandísimas aportacións »

Apoiamos a Isaac Díaz Pardo