O inquedante mundo de Bustamante
1 de outubro do 2007 perpetrado por
otraveseiro
Os lucrativos negocios da música e do fútbol teñen infinidade de semellanzas, coma por exemplo os seus principais protagonistas, músicos e futbolistas.
Hai futbolistas que son uns auténticos torcebotas que por caprichos do destino chegan a primeira división, facendo sufrir co seu xogo aos seus siareiros, e retirándose aos trinta e pico anos forrados de pasta. Moitos deses cada vez que asinan cun equipo din que sempre quixeron xogar nese clube, que son del dende pequenos e ate bican a camisola. Logo, cando se van para outro equipo chegan predicando o mesmo.
Na música pasa algo parecido. Cantantes (por chamarlles algo) que cobran millonadas por facer concertos en pobos e cidades, estafan aos seus fans cantando en playback e tamén aos que non o son, que indirectamente lles están a pagar (cobran de diñeiro público). Moitos dos que se atreven a cantar en directo atentan contra a música e os oídos da xente.
David Bustamante (San Vicente de la Barquera –Cantabria- 1982) é un exemplo de pésimo músico que ben podería ser futbolista mercenario. O tipo de feito quería ser futbolista pero rematou traballando de albañil, ate que os seus compañeiros, fartos de atura-los seus gorgoritos na obra, o convenceron para que se apuntara a Operación Triunfo, onde se fixo famoso.
Pero nunca deixou de lado a súa afección ao fútbol, pois de cando en vez se lle vía participar en pachangas e actos envolto en camisolas de diversos equipos, amén de cantar a prol da selección española (así lles vai).
Este verán recibiu a chamada do Rácing de Santander para que servira de imaxe para a campaña de captación de socios, sacarse o abono e xa de paso compoñe-lo novo himno do equipo, por suposto pasando por caixa. 30.000 euros nada máis e nada menos se embolsou o fenómeno este por compoñe-lo himno do seu suposto equipo de toda a vida e posteriormente interpreta-lo no Racing-Barça da primeira xornada. Un anaquiño do mesmo:
"Se respira ganador/mis paisanos verdiblancos/ son testigos de este honor/por tener a un noble equipo que es orgullo en mi región/los colores de la tierra tú defiendes con pasión./El verde intenso de las montañas/y el blanco espuma de tu bravo mar/casta y raza no te faltan/vamos juntos a ganar"
Xa é delicto fichar a Bustamante para que compoña tamaño himno, pero aínda por riba ¿pagarlle por elo?
chúzame - Arquivado en Odioteca |



outubro 25th, 2007 ás 12:28 pm
Jajaja bo artículo.
O 19 de Decembro terás que actualizalo porque dirán cal é o novo himno de EspaÑa, e sabes quen vai gañar??
O puto Bustamante!!! e sairá posando coa camisola nacional…
E o ano que ven posará coa camisola de Cataluña ou coa que se lle poña por delante.
Volve o andamio Busta que fas menos o ridículo!!!!!!!
novembro 19th, 2008 ás 2:35 am
[...] membros da familia do triunfiño David Bustamante (do que xa se falou por estes pagos)… o irmán, a nai, o curmán e o tío, deberán pasar un ano en prisión por estar implicados [...]