O balón intelixente
11 de outubro do 2007 perpetrado por
otraveseiro
O vindeiro mes de Decembro celebrarase no Xapón o Mundialiño de Clubes, e no mesmo porase a proba un novo balón, o intelixente, co que pretenden acabar cos chamados goles pantasma. Este novo esférico, da marca Adidas, estará dotado cun chip electrónico que alertará aos árbitros cando o balón traspase a liña de gol. Tamén haberá sensores electrónicos nos postes e na propia liña da portería.
Agora que xa temos balón intelixente só nos queda agardar a que se lles pegue esa mesma cualidade do balón a moitos dirixentes do noso fútbol, ou cando menos que eses esféricos sexan tan bos coma o da viñeta. Polo ben do fútbol.
chúzame - Arquivado en Actualidade |



outubro 16th, 2007 ás 9:07 pm
Que boa idea. Como dis co tema dos dirixentes, supoño que Villar estará con medo por se alguén se plantea sustituilo por unha bola con máis capacidade intelectual.
outubro 24th, 2007 ás 8:24 pm
Soame a coña eso do balón intelixente, está ben o de aplicar a tecnoloxía o fútbol, pero máis cunha bola de fútbol vai parecer con tanto chip un satélite deses da NASA, ou unha bola desas que guindan do teito dalgunhas discotecas retros
Ver para creer amigos.