Retransmisión de partidos con vodka

7 de novembro do 2007 perpetrado por otraveseiro

Si, xa sei que algúns comentaristas de televisión narran os partidos que parece que están chuzas perdidos das paridas que din, incluso me atrevería a asegurar que máis dun lle dá á farlopa. Pero non, cando digo que se retransmiten partidos con vodka refírome á tecnoloxía VODKA (Vídeo on Demand Kernel Architecture), e que a puxo en funcionamento o mes pasado a web do Depor para retransmitir un encontro do seu filial, o Fabril Deportivo, perante o Raio Vallecano.
vodka2.JPG

Na crónica do partido destacan que o mesmo foi seguido en Canaldeportivo.tv por 2.690 espectadores, a meirande parte deles conectándose dende Rusia. Estou por apostar que se en lugar de VODKA a tecnoloxía aplicada fose LT (licor de toxo) a audiencia do país sería moito maior, por aquelo de ser producto autóctono.

Chuzame! chúzame -

Arquivado en Idas de olla |

Deixar comentario

Nota: Pode que o comentario tarde en se publicar, porque pode estar esperando moderación.

Apoiamos a Isaac Díaz Pardo