Sabino dame fariña

12 de novembro do 2007 perpetrado por otraveseiro

Leo no xornal gratuíto QUE! que A Coruña é a segunda provincia, por detrás de Valencia, onde máis subiu o prezo do pan, un 45%. A asociacións de consumidores puxeron o berro no ceo, pois consideran que a suba é excesiva, e que aínda por riba a calidade do pan non mellorou. ¿E que ten que ver o pan co fútbol aparte que hai xogadores que andan empanaos polo campo? Pois a fotografía que ilustra a nova. A da esquerda, claro, a outra a engadín eu a xeito de información.

sabinpanadeiro.JPG

E é que o panadeiro que atende a esa velliña é un ex-xogador profesional de primeira división: SABIN BILBAO Bolumburu (Lujua -Biscaia-, 1960). Sabín ten a honra de se-lo autor do primeiro gol do Depor en Primeira División trala longa noite de pedra de case que vinte anos de ausencia, e chegou a formar parte do SuperDepor dos Bebeto, Mauro Silva e compaña na tempada 92-93.

Como vedes, Sabín Bilbao, a diferencia dos Maradona, Julio Alberto, Monsalvete e tantos outros, si que lle soubo sacar partido á FARIÑA.

Chuzame! chúzame -

Arquivado en Chámalle X |

Comentarios

  1. Djukica Escribiu:

    jajajaj, a este ritmo vai estar máis cara a fariña do pan que a OUTRA fariña…

    Quen llo diría a Sabín Bilbao, que acabaría facendo de camello facendo negocios coa fariña…

    Por certo, que mal envellecen algúns, non é que fose juapiño cando xogaba no Depor precisamente, pero manda carallo, parece que levara 20 anos retirado polo bandullo que ten o bo de Sabín Bilbao.

Deixar comentario

Nota: Pode que o comentario tarde en se publicar, porque pode estar esperando moderación.

Apoiamos a Isaac Díaz Pardo