O gol de pene
13 de novembro do 2007 perpetrado por
otraveseiro
No xornal alemán Bild non paran de darlle voltas ao gol que lle marcou Mario Gómez, do Stuttgart, ao Bayern de Munich a pasada fin de semana. E todo polo feito de que o gol, segundo eles, foi ca chorra e tamén de chorra, pois ninguén é capaz de despexar nin de remata-lo balón, nin sequera Mario Gómez, ao que lle peta o balón nesa perigosa zona e se mete na portería defendida por Kahn.
O asunto é que no Bild destacan isto coma se fose o nunca visto, que "o lexendario Gerd Müller meteu unha vez un gol de cú, Uwe Seller ca parte de atrás da testa e Diego Maradona axudouse ca man de Deus. Pero ninguén marcou como Mario Gómez". Mentira cochina.
A proba a temos na foto, que, ademais, é relativamente recente. Concretamente da pasada tempada, onde o dianteiro do Depor, Sebastian Taborda, marcou co pene perante o Valencia, á saída dun córner. Ao revés do xogador do Stuttgart, a Taborda non lle pegou o balón nalgún lugar entre o estómago e o muslo, como recoñece o xogador alemán. Taborda meteu toda a súa masculinidade para bater a Cañete, un gol por certo, que foi o único que marcou en Riazor até o de agora.
Posiblemente (bo, posiblemente non, fixo) Taborda non teña a calidade de Mario Gómez, que non custou 3 millóns de euros o 70% da súa ficha, que non sexa internacional por Alemaña, nin o seu "pichazo" llo marcara ao Bayern, pero eso non quita que metera un gol co pene moito antes que el, e de mellor factura sen dúbida.
chúzame - Arquivado en Actualidade |



decembro 2nd, 2007 ás 4:40 pm
Coido que te trabucas, fixate no xogador do Valencia que está diante de Taborda, está tapando a un do Depor, posiblemente Cristian ou Coloccini, supoño que é un destes porque son os máis “Modositos” da plantilla…
A verdade e que Taborda quería darlles “amor” polo culete, saiulle a vena cochina e tivo a fortuna de tropezar co balón e marcar co pito…
A todo isto, Cañizares berraba coma unha loca porque desexaba estar no lugar da bola no momento do impacto do “Semental” Taborda…
:DDDD!!!