Ver moito fútbol causa trombos

22 de novembro do 2007 perpetrado por otraveseiro

Alomenos iso é o que sostén Ramiro Rivera, ex-profesor xefe do servicio de ciruxía cardiovascular do hospital Gregorio Marañón, o único supervivente do equipo médico que tratou a Franco dunha tromboflebite uns meses antes de cascar. O tipo aproveita agora para publica-lo acontecido neses días, e entre outras cousas asegura que a causa máis probábel da tromboflebite de Franco foi que "se lle deu por estar tanto tempo sentado nese sillón baixo, durante toda a fin de semana, vendo partidos de fútbol do Campionato Mundial de 1974, o que gañou a selección alemana á de Holanda na final".

portada_peq_franco_ha_muerto.jpg

Até este momento, e segundo as biografías do dictador, os trombos se debían á presión da caña de pescar sobre a ingle. Ramiro Rivera, que non sei se é mestre cervexeiro dende 1906, tira por terra esa teoría, e considera que pescar atúns ou salmóns de vinte kilos non é malo para a saúde, senón estar piltrado na casa vendo fútbol.

Así que xa sabedes, se non queredes rematar como o da foto, non se vos ocorra ver moito fútbol nas fins de semana no salón da casa, e moito menos sentados nun sillón non homologado pola UEFA. Se os partidos son por LaSexta, aparte de tromboflebite podedes rematar tamén mal da cachola. O que avisa non é traidor.

Chuzame! chúzame -

Arquivado en Espanholadas, Mundo viejuno-celebrities |

Comentarios

  1. Djukica Escribiu:

    Miña madriña, que acabo de comer ohhh, a que ven por fotos de dictadores fillos de puta a estas horas?? :D jajjaja…

    E falando da noticia se iso fose verdade, que ver moito futbol causa trombos, o Maldini do Canal + e o “Timi” da TVG, estarían máis no outro mundo que a bruxa Aramis Fuster e a bruxa Lola xuntas.

Deixar comentario

Nota: Pode que o comentario tarde en se publicar, porque pode estar esperando moderación.

Apoiamos a Isaac Díaz Pardo