Mister, me cago

27 de novembro do 2007 perpetrado por otraveseiro

Ían unha nai e o seu fillo pola rúa e dille o cativo: "Mamá mecano". A nai lle responde que non. Máis adiante, o fillo insiste: "Mamá, mecano". Novamente a nai lle di que nin de coña. O cativo, erre que erre, "mamá mecano". A nai escomeza a fartarse do fillo: "Fillo, para xa, que non penso comprarche ningún disco de Mecano, ¿qué queres, que me rache o tocadiscos? Son penosos" (isto é da miña colleita). O rapaz replícalle cada vez máis alto que "¡¡mamá mecano!!" Antes de que a proxenitora lle conteste novamente a interrumpe o neno: "Mamá... me cané".

mpablo.jpg

Algo parecido aconteceu onte en San Mamés, no Athletic-Deportivo. Segundo as verbas do médico visitante, Manuel Pablo "achegouse ao banquiño e lle dixo ao adestrador que estaba indisposto e Lotina lle preguntou '¿Cómo que indisposto?' 'Que me cago', lle dixo Manuel Pablo".

Aí o lateral canario andivo listo, pois se se lle dá por insistirlle, coma o cativo do chiste, "que estou indisposto", en lugar de ser claro e contundente: "Míster, que me vou defecar pola pata abaixo", o mesmo a alfombra de San Mamés remata embarrada.

Por certo, que o doutor Lariño, médico do Depor, asegurou que o virus ese que produce as cagaleiras se contaxia simplemente estando ao lado dun afectado ou falando con el. Carallo, este si que é un virus chungo, e non os troianos eses.

Chuzame! chúzame -

Arquivado en Actualidade |

3 Comentarios

  1. Djukica Escribiu:

    Eu flipo coa repercusión que ha tido este tema escatolóxico, nunca nos foros ou blogs de fútbol falouse tanto da merda, falando claramente, coma nesta última semana.

    Agora cando vaia cagar xa non direi “xa veño, vou cagar”, senon “xa veño, vou copiar o meu ídolo Manuel Pablo”…

    Ver para crer… eso sí, eu vexo o que falla falta, pero cheirar non lle cheiro o cú a ninguén :DDD!!

  2. juggalo Escribiu:

    En primer lugar, bienhallados seamos todos….

    Al hilo de este comentario, le viene que ni pintada la anécdota que cuenta Arsenio en su libro de memorias cuando dirigía al Hércules.

    Un jugador le grita desde el campo: “Mister, ¿Qué hacemos?”

    O Bruxo, mosqueado con susu jugadores, y en uno de esos arranques tan suyos le grita: “Ide cagar!!”

    El jugador transmite la orden a sus compañeros: “Que vayamos a atacar, dice”.

    Atacaron y ganaron el partido.

    Genio y figura, el de Arteixo.

  3. credit monitor Escribiu:

    Very Nice Site! Thanx!
    http://excellent-credit-card.blogspot.com

Deixar comentario

Nota: Pode que o comentario tarde en se publicar, porque pode estar esperando moderación.

Apoiamos a Isaac Díaz Pardo