27 de Decembro do 2007 perpetrado por
otraveseiro

O eterno debate, quen foi mellor xogador de fútbol, ¿Maradona ou Pele? ¿Pelé ou Maradona? Para min o arxentino. Porque Brasil gañaría igualmente aqueles mundiais sen Pelé, todos eran estrelas, non coma a Arxentina de 1986 onde Diego se botou o equipo ás costas e levouno até o título. E namentres Pelé non xogou nunca en Europa, Maradona levou a un equipo modesto coma o Nápoles a gañar títulos e a pelexar cos poderosos clubes italianos e europeos. Mais diso se podería falar e falar e nunca se podería chegar a un acordo, porque para gustos pintan cores. Para algúns será Maradona, para outros Pelé e para outros Cruiff ou mesmo Di Stéfano. Eso din, que son os catro máis grandes.
Pero aquí ao que vamos é quen ten máis grande os seus atributos. Houbo un tempo en que os fotógrafos e xornalistas entraban nos vestiarios dos equipos coma Pedro pola súa casa, e grazas a iso podemos opinar, e sendo obxectivos todo parece indicar que é Pelé o que a ten máis grande. Pero a min iso non me vale porque se teñen que ter en conta outros detalles. Por exemplo, que Pelé pode estar en semierección ou que Maradona se está a duchar en auga fría, ou que máis dará todo se ao fin e ao cabo (segundo as malas língoas) Pelé é impotente.
Por outro lado, e volvendo ao tema dos xornalistas nos vestiarios, se agora puidesen entrar nos mesmos ao mellor na rúa non estaría o debate de que a David Beckham lle retocaron o paquete co photoshop nas súas fotos coma modelo de calzoncillos, e cecais a súa muller non se columpiaría dicindo que o seu home "a ten coma o tubo de escape dun camión". ¿Botará os gases por aí en lugar de polo cu ou boca?
chuzame -
Arquivado en D10S |
3 Grandísimas aportacións »
26 de Decembro do 2007 perpetrado por
otraveseiro

Eses bonecos son o producto máis vendido neste Nadal na tenda do RCD Espanyol, exceptuando as camisolas oficiais dos xogadores. E non entendo como pode ser así cando o único que teñen de Epi e Blas son o careto e a cor, o único.
Os auténticos Epi e Blas tiñan mans e estes muñóns.
Os auténticos Epi e Blas sempre estaban xuntos, e estes se poden mercar por separado.
Os auténticos Epi e Blas non tiñan pernas, alomenos non as mostraban, estes si.
Os auténticos Epi e Blas sempre levaban os mesmos xerseis, Epi a bandas horizontais e Blas verticais, con esta roupa non son eles.
O auténtico Epi non tiña o pelo pincho e o auténtico Blas poría cara de mala hostia se lle fan pousar ca vestimenta do Espanyol, e aquí sae sorrindo.
Sacrilexio total, xa non se respectan aos orixinais. ¿Porque que será o vindeiro?:
¿Súpercoco cun casco de vikingo e capa do Madrid?
¿A ra Gustavo (reporteiro máis dicharacheiro) ca gabardina do Atlético e o micro da COPE?
¿O monstro das galletas vestido cunha camisola do Murcia e jalando pementos?
¿O boneco do Conde Drácula que se parte o cu despois de conta-los títulos do Celta?
chuzame -
Arquivado en Chámalle X |
1 Grandísima aportación »
24 de Decembro do 2007 perpetrado por
otraveseiro

Cantan os S.A que "los errores son humanos y algunos humanos son sólo un error", e neste caso se dan ámbolos dous casos. Que te queiras tatuar nas costas a palabra HOOLIGANS con letras góticas non se pode considerar un erro, só é cuestión de gustos.
O fallo é non saber como se escrebe a pesares de que a palabriña está ate na sopa, e máis no mundiño en que supostamente se move o protagonista. Pero para seguir a cadea de erros chega o momento de facerse a tatuaxe, e entón topamos co tatuador, moi profesional el, pero igual de analfabestia que o outro, que non sabemos se cando o fixo estaba a pensar nos Bollycaos, na actriz Holly Valance, ou simplemente se limitou a esculpir nas costas dese pobre desgraciado o que previamente lle escribiran nun papel. E para máis inri, lle sacan unha foto fachendosos da súa obra, e moi probablemente tamén foron eles mesmos os que a penduraron de internet.
chuzame -
Arquivado en Xentes da grada |
1 Grandísima aportación »
22 de Decembro do 2007 perpetrado por
otraveseiro
Un grupo internacional de científicos descubriu que os neanderthais, considerados como os típicos trogloditas do óso e o pao, tiñan un xen clave na capacidade de falar que até o de agora se consideraba exclusivo dos seres humanos modernos. Para chegar a esa conclusión tiveron que analizar mostras óseas de hai 43.000 anos do xacimento asturiano de El Sidrón.
Pero o que non saben e que hai homes modernos con mentalidade Neanderthal, e que non só teñen a capacidade de falar, senón que cando o fan, conseguen que suba o prezo do leite, dos cereais, da gasolina e dos tomates. E algúns até chegan a ser presidentes de clubes importantes de primeira división, coma Ramón Calderón, presi do Madrid.

Calderón é unha auténtica máquina de mete-la gamba vía oral, concretamente cada vez que lle poñen un micro diante. Queda para a lembranza aquela conferencia que dera nunha universidade na que puxo a caer dun burro aos seus propios futbolistas, ou cando dixo que moita xente pensaba que a capital de España era Real Madrid, que non tiñan necesidade de fichar porque eran os campións de liga (20.000 millóns de pelas se gastaron este verán)... Mesmo despois de estar dando a vara durante anos co brasileiro Kaká, que o ficharía porque non quería que na súa tumba puxera que "aquí xace o home que non trouxo a Kaká". Pois o outro día dixo que Kaká non ten sitio neste Madrid. Hai que foderse.
Pois a última, que non derradeira, defecación verbal de Ramón Calderón foi a colación dunha pregunta sobor as pancartas que están a poñer os ultrasur no Bernabeu, insultando a algúns xornalistas, ante a pasividade dos mandatarios madridistas. Isto foi o que dixo:
"Sobre os Ultras Sur só teño que dicir cousas boas. Son un grupo de rapaces que animan moito e participan moito e todo o demais é cousa deles. As pancartas poden ser criticábeis, pero é a súa liberdade de expresión, e nós a aceptamos porque cada un é libre de opinar o que queira".
Ben, entón agredir a afeccionados dos outros equipos (e mesmo do teu se son doutras razas), mostrar bandeiras fascistas e xenófobas, insultar a todo quisque mediante faixas no estadio... todo iso son esas cousas boísimas que só ten que dicir Ramón Calderón, o Neanderthal do século XXI.
chuzame -
Arquivado en Defecacións verbais |
2 Grandísimas aportacións »
16 de Decembro do 2007 perpetrado por
otraveseiro
Foi noticia a semana pasada a denuncia que fixo á UEFA un seareiro turco do Fenerbahce solicitando unha sanción para o Inter de Milán por xogar cunhas camisolas ofensivas para o Islam. En realidade o seu equipo perdeu cos italianos por 3-0, e claro, estaba tan fodido que buscou esa estúpida escusa pretendendo que lles dean os tres puntos. Barsia Kaska, que así se chama este afeccionado (o nome xa invita a que o manden por aí, a kaska-la) considera que a camisola do Inter lles recorda aos días sanguinolentos do pasado protagonizados polos cruzados e templarios.

Pois a santo desto, tamén se soubo que o escudo do Barcelona está a ser modificado nos países árabes como Arxelia ou Arabia Saudí, eliminando así, polo morro, unha das bandas da cruz vermella de Sant Jordi. Na axencia Efe tamén se fixeron eco desta nova, o malo é que o xornalista que a redacta padece de daltonismo, que ven sendo un defecto da vista que consiste en non percibir determinadas cores ou en confundir algúns dos que se perciben. Neste caso confunde claramente o azul co vermello. Pero peor aínda é a edición dixital de La Voz de Galicia, que é de onde saquei a captura, pois nin sequera se decatan do erro, até o punto de que o fallo ven por tres veces, na portada de deportes, no encabezamento, e posteriormente no corpo da noticia.
chuzame -
Arquivado en Xornalistos |
Comenta, non sexas rata »
15 de Decembro do 2007 perpetrado por
otraveseiro
A imaxe corresponde a unha captura dunha reportaxe duns vinte minutos da sección de deportes de Noticias Cuatro de hai unhas semanas. Os protas do vídeo, Guti e os Pignoise.

Pignoise é un grupo de punk-rock para adolescentes e pixería cuxo cantante e guitarrista é un ex-xogador do Real Madrid, Álvaro Benito, retirado prematuramente do fútbol profesional por problemas nun xeonllo. Este grupo estreaba disco, e aos de Cuatro non se lles ocorreu nada mellor que promociona-lo montando esta parida ca colaboración estelar de José María Gutiérrez, Guti, amigo persoal do cantante.
A película dos feitos: Guti chega, se saúda cos compoñentes do grupo e a continuación sentan todos a departir. Entón van Guti e Álvaro e comezan a visualizar nunha consola portátil un vídeo de hai coma dez anos nos que saen ámbolos dous (máis Raúl) nun karaoke cantando (?) un tema de Heroes del Silencio. O comentan ríndose do horríbel xersei de Raúl e avergoñándose de que "vaya pelitos que llevábamos, madre mía", cando é precisamente agora cando dan máis noxo cas súas pintas.
Pero a mamarrachada esta eu a pasaría por alto se non fose pola camisola que leva Guti, ca imaxe do Che Guevara. Hai tres meses cumpríronse corenta anos do asasinato do mito revolucionario, que o deixou de ser para convertirse nun icono da hipocresía e nun producto comercial. E a proba a temos aquí, porque que a leve Guti xa é noxento, pero aínda o é máis o feito de que se a leva este non pode ser unha camisola normal.
E é que nun momento do vídeo sae Guti de costas á cámara, e polo tanto vese a impresión traseira da camisola. A&G, iso é o que pon. Póñome a investigar e averiguo que é unha marca de pixos e famosetes e que a roupa, aparte de hortera, non é para tódolos petos. Camisolas e suadoiros que rondan os 500 dólares, e con deseños que ao ve-los non sabes se rir ou chorar. Por exemplo, un cretino coma Guti pode levar unha camisola do Che, pero outro tipo cas mesmas neuronas e cartos pode facer o propio, vestindo outra coa impresión da Totemkopf, a calaveira nazi das SS. É dicir, clientes de A&G = Anormais & Gilipollas.
Por certo, me pregunto que pensarán ao respecto da vestimenta de Guti os Ultras Sur, que o teñen coma ídolo. Vaia, non me decataba que eses non pensan.
chuzame -
Arquivado en Odioteca |
1 Grandísima aportación »
14 de Decembro do 2007 perpetrado por
otraveseiro
O venres da semana pasada cambiando de canle topo co programa franquicia da TVG, o casposo Luar, onde nese mesmo intre está a cantar (por suposto, en playback) o venezolano José Luís Rodríguez, El Puma. Interpreta, ante o delirio do público, un tema case que inédito, un que tocou moi pouco ao longo da súa carreira artística, 1.000.000 de veces máis ou menos, "Pavo Real": Numerao, numerao, viva la numerasión, quien ha visto matrimonio sin correr amonestasión... pavo real, uh, pavo real, uh. Había tempo que non o vía, e está igual que sempre, Corporación Merdostética fixo un bo traballo dende logo.

Pois onte leo en Bar Deportes que alguén debería dicirlle a Joan Laporta, presi do Barcelona, que o seu peitado cada día se asemella máis ao de El Puma, acompañando esta anotación cunha foto do ínclito. Eu pensando que levaba tempo sen saber do cantante (?) este, e en pouco tempo mo lembran dúas veces. Pero non sería a derradeira nunha semana.
Hoxe estou a botar unha ollada a un exemplar antigo dunha revista futboleira e no apartado do Real Betis me topo co fulano da foto, J.L . "El Puma" Rodríguez. Futbolísticamente non lembro como xogaba, non podo dicir se era bo ou malo, pero o que si teño claro son tres cousas:
- Ten o cabelo como Evo Morales,
- De faciana é cagado ao ex do Madrid, Roberto Carlos.
- Por último, e o máis importante, se chama igual e ten o mesmo alcume que o cantante venezolano que atopo ultimamente até na sopa.
¿Casualidades? ¿serendipias? E menos mal que a marca que vestía ao Betis daquela era Hummel, que si chega a ser Puma, xa me dá algo.
chuzame -
Arquivado en Chámalle X |
Comenta, non sexas rata »
10 de Decembro do 2007 perpetrado por
otraveseiro
Que o teu equipo gañe na casa despois de remontar un resultado adverso e que isto serva para colocarse en posicións privilexiadas... non ten porque ser bo, cando menos para os afeccionados, aos que lles provoca unha loucura colectiva. Alomenos iso pensan os do xornal deportivo madrileño AS.

O Racing de Santander gañou onte ao Mallorca na casa, e con remontada, e serviu para situarse en postos de UEFA e a só dous puntos dos de Champions League. En "El Sardinero" non están acostumados a verse tan altos na táboa clasificatoria, así que isto provocou que Santander enlouquecera así, de repente. O que non entendo é coma os sufridos afeccionados cántabros non tolearon antes, tendo que escoitar antes de cada encontro o himno do Rácing interpretado por David Bustamante.
O Celta venceu tamén na casa fronte ao filial do Sevilla, e, como en Santander, remontando resultado e valendo para aproximarse aos primeiros postos (ollo, de Segunda). Polo visto, tamén se desatou a tolemia, aínda que neste caso xa non me sorprende tanto, sobretodo cando me lembro das retransmisións e resumos do Celta na TVG, onde sempre estaban berrando con cada gol/victoria que "¡¡Balaídos vense abaixo, Balaídos vense abaixo!!". E aínda segue en pé.
Ao final nas tendas de merchandising de ámbolos dous equipos van ter que troca-las camisolas a vender dos equipos por unhas camisas de forza. Eso si, cos nomes dos xogadores impresos nas costas, e en vez de gorriños venderían embudos. E agora que están tan de moda muda-los nomes dos campos de fútbol, "El Sardinero" se podería trocar por "El Majadero", e o "Estadio de Balaídos" por "Frenopático Municipal de Balaídos".
chuzame -
Arquivado en Idas de olla |
Comenta, non sexas rata »