O que se mova non sae na foto

4 de decembro do 2007 perpetrado por otraveseiro

Ou ao mellor si que saes, pero facendo o ridículo. É o caso da fotografía que acompaña a esta anotación, escaneada dun vello Don Balón Extra da tempada 89-90. Isto é o que aconteceu. O Valencia se presenta ante a súa afección, e tralos discursos de rigor e as fotos individuais, o equipo se dispón a pousar para a posteridade.

quiqueflowers.JPG

Non se deixa nada para a improvisación. Os xogadores se poñen en tres ringleiras. Na de enriba, de pé sobre un banco pousan varios futbolistas, nas esquinas e no medio os porteiros. Na ringleira do medio, de pé, máis xogadores, cadrando no medio o presidente escoltado por adestrador e preparador físico e nas esquinas masaxista e médico.

Finalmente, queda a ringleira de abaixo. Os futbolistas pousan sentados, nas esquinas o fan sendos utilleiros. E no medio da foto nos atopamos co panoli este, Quique Sánchez Flores. Á súa esquerda (non se ve) ten a Eloy Olalla, enriba ao presidente daquela, Arturo Tuzón, xunto ao preparador físico, un tal Modesto Turren, que parece indicarlle ca man que faga coma Revert (o compañeiro á dereita de Quique), que mire fixamente para a cámara e que pare de facer o subnormal.

Mais Quique fai caso omiso, e lle pide ca man ao fotógrafo que agarde sen tira-la foto até que remate de calzarse. É dicir, poñerse a bota, atala cos cordóns no nocello, á vella usanza, e colocando a lengüeta para que lle vexa ben a marca que o patrocina. Así era Quique, un xogador mediocre ao que vías sempre impoluto no campo, engominao, ca camisola por dentro do pantalón... Hai outra foto da plantiña da 91-92 onde sae tamén sentado e é o único con espinilleiras, algo ridículo se temos en conta que non ían a xogar ningún partido, como moito unha pachanga tipo adestramento.

Igualiño que agora, que en vez de estar nun banquiño parece que vai a unha voda, co abrigo, a bufanda de cadros ben anudada e engominao, iso sempre. Cando o botaron do Valencia hai unhas semanas dixo que perdía un cargo pero gañaba unha vida. Eu penso que o fútbol gaña moito sen a súa presencia, pero tamén perdemos un bo pallaso para as roldas de prensa e os banquiños.

Chuzame! chúzame -

Arquivado en Odioteca |

3 Comentarios

  1. eduardo Escribiu:

    Como a minha ignoráncia furboleira limítase a ter pagado equipamento, campo e árbitro (para poder xogar futebol, non se vaia pensar que son directivo) só vou contar o que disque lhe acontecera a un seu curmán, no tempo en que Franco aínda non acadara a morte (física, quer dizer; a intelectual, xa vemos como anda o patio):

    Uns madeiros detiveran, uma noite, un carro ocupado por uns elementos sospeitosos. Cando lhes requeriran a documentación, un dos melenudos respostou que era filho do ministro Fulano; ao que un dos funcionários retrucou:

    -Si, ho! E eu son o filho de Lola Flores.

    Entón uma voz, metade flamenca, metade chamberileira, deixou cair:

    -Non, o filho de Lola Flores son eu.

  2. O Traveseiro Escribiu:

    Segundo din as malas lingoas (entre as que me inclúo), é moi probábel que Antonio Flores non fose o curmán de Quique, senón o seu tío. Disque a nai de Quique non era irmá de “La Faraona”, senón a súa propia filla, que tivo de moi nova.

    De calqueira xeito, está de sobra demostrado que son familia, como se facía ver nos partidos que disputaba Quique en Riazor, onde se lle cantaba aquelo de “aquí estoy yo, aquí solita, solo quedamos la Rosario y la Lolita”.

  3. juggalo Escribiu:

    Quique Flores: hostiable to the max

Deixar comentario

Nota: Pode que o comentario tarde en se publicar, porque pode estar esperando moderación.

Apoiamos a Isaac Díaz Pardo