A outra constitución

6 de decembro do 2007 perpetrado por otraveseiro

futbolembarrao2.JPG

Xogar ao fútbol nun campo embarrado non é doado, a pelota non roda, e hai que tripicar o esforzo porque os pés se che cravan no chan. Ademais, canto máis se xoga peor se pon o terreo de xogo. Se a iso engadimos que as condicións metereolóxicas son adversas porque chove, debe facer un frío que pela e as protagonistas están a xogar lixeiras de roupa...

Polo tanto, hai que ter unha boa constitución física, e estas rapazas sen dúbida algunha a posúen. Nós, polo contrario, non creo que poidamos dici-lo mesmo, en tódolos sensos da palabra.

Dúas dúbidas, para rematar: ¿Alguén interesado na Carta Magna se pode topar con está merda pesquisando en internet? ¿Subirían as visitas se editara o título trocándoo por "modelos asiáticas en roupa interior xogando ao fútbol sobre superficie embarrada"?

Chuzame! chúzame -

Arquivado en Idas de olla |

Comentarios

  1. W. Sobchak Escribiu:

    Nestos tempos en que o fisico superou ao talento no futebol, non estaría mal que en asia existira umha liga destas caracteristicas… eu fariame fan!

    bonita foto…

Deixar comentario

Nota: Pode que o comentario tarde en se publicar, porque pode estar esperando moderación.

Apoiamos a Isaac Díaz Pardo