Xornalistas daltónicos
16 de decembro do 2007 perpetrado por
otraveseiro
Foi noticia a semana pasada a denuncia que fixo á UEFA un seareiro turco do Fenerbahce solicitando unha sanción para o Inter de Milán por xogar cunhas camisolas ofensivas para o Islam. En realidade o seu equipo perdeu cos italianos por 3-0, e claro, estaba tan fodido que buscou esa estúpida escusa pretendendo que lles dean os tres puntos. Barsia Kaska, que así se chama este afeccionado (o nome xa invita a que o manden por aí, a kaska-la) considera que a camisola do Inter lles recorda aos días sanguinolentos do pasado protagonizados polos cruzados e templarios.
Pois a santo desto, tamén se soubo que o escudo do Barcelona está a ser modificado nos países árabes como Arxelia ou Arabia Saudí, eliminando así, polo morro, unha das bandas da cruz vermella de Sant Jordi. Na axencia Efe tamén se fixeron eco desta nova, o malo é que o xornalista que a redacta padece de daltonismo, que ven sendo un defecto da vista que consiste en non percibir determinadas cores ou en confundir algúns dos que se perciben. Neste caso confunde claramente o azul co vermello. Pero peor aínda é a edición dixital de La Voz de Galicia, que é de onde saquei a captura, pois nin sequera se decatan do erro, até o punto de que o fallo ven por tres veces, na portada de deportes, no encabezamento, e posteriormente no corpo da noticia.
chúzame - Arquivado en Xornalistos |


