Neanderthais do século XXI

22 de decembro do 2007 perpetrado por otraveseiro

Un grupo internacional de científicos descubriu que os neanderthais, considerados como os típicos trogloditas do óso e o pao, tiñan un xen clave na capacidade de falar que até o de agora se consideraba exclusivo dos seres humanos modernos. Para chegar a esa conclusión tiveron que analizar mostras óseas de hai 43.000 anos do xacimento asturiano de El Sidrón.

Pero o que non saben e que hai homes modernos con mentalidade Neanderthal, e que non só teñen a capacidade de falar, senón que cando o fan, conseguen que suba o prezo do leite, dos cereais, da gasolina e dos tomates. E algúns até chegan a ser presidentes de clubes importantes de primeira división, coma Ramón Calderón, presi do Madrid.

mamon-calderon.JPG

Calderón é unha auténtica máquina de mete-la gamba vía oral, concretamente cada vez que lle poñen un micro diante. Queda para a lembranza aquela conferencia que dera nunha universidade na que puxo a caer dun burro aos seus propios futbolistas, ou cando dixo que moita xente pensaba que a capital de España era Real Madrid, que non tiñan necesidade de fichar porque eran os campións de liga (20.000 millóns de pelas se gastaron este verán)... Mesmo despois de estar dando a vara durante anos co brasileiro Kaká, que o ficharía porque non quería que na súa tumba puxera que "aquí xace o home que non trouxo a Kaká". Pois o outro día dixo que Kaká non ten sitio neste Madrid. Hai que foderse.

Pois a última, que non derradeira, defecación verbal de Ramón Calderón foi a colación dunha pregunta sobor as pancartas que están a poñer os ultrasur no Bernabeu, insultando a algúns xornalistas, ante a pasividade dos mandatarios madridistas. Isto foi o que dixo:

"Sobre os Ultras Sur só teño que dicir cousas boas. Son un grupo de rapaces que animan moito e participan moito e todo o demais é cousa deles. As pancartas poden ser criticábeis, pero é a súa liberdade de expresión, e nós a aceptamos porque cada un é libre de opinar o que queira".

Ben, entón agredir a afeccionados dos outros equipos (e mesmo do teu se son doutras razas), mostrar bandeiras fascistas e xenófobas, insultar a todo quisque mediante faixas no estadio... todo iso son esas cousas boísimas que só ten que dicir Ramón Calderón, o Neanderthal do século XXI.

Chuzame! chúzame -

Arquivado en Defecacións verbais |

2 Comentarios

  1. juggalo Escribiu:

    la libertd de expresión del Abellán ya no le gusta tanto al tonto-a-las-tres este…

  2. Djukica Escribiu:

    Antes que vi la noticia de Epi y Blas, joer pensar que parecían tontos en su época, pero es que al lado de Calderón merecen el Nobel de Física Cuántica Epi y Blas ante las majaderías que dice el presi merengue.

    Historias para no dormir…

Deixar comentario

Nota: Pode que o comentario tarde en se publicar, porque pode estar esperando moderación.

Apoiamos a Isaac Díaz Pardo