Hooliganismo e analfabetismo
24 de decembro do 2007 perpetrado por
otraveseiro
Cantan os S.A que "los errores son humanos y algunos humanos son sólo un error", e neste caso se dan ámbolos dous casos. Que te queiras tatuar nas costas a palabra HOOLIGANS con letras góticas non se pode considerar un erro, só é cuestión de gustos.
O fallo é non saber como se escrebe a pesares de que a palabriña está ate na sopa, e máis no mundiño en que supostamente se move o protagonista. Pero para seguir a cadea de erros chega o momento de facerse a tatuaxe, e entón topamos co tatuador, moi profesional el, pero igual de analfabestia que o outro, que non sabemos se cando o fixo estaba a pensar nos Bollycaos, na actriz Holly Valance, ou simplemente se limitou a esculpir nas costas dese pobre desgraciado o que previamente lle escribiran nun papel. E para máis inri, lle sacan unha foto fachendosos da súa obra, e moi probablemente tamén foron eles mesmos os que a penduraron de internet.
chúzame - Arquivado en Xentes da grada |



decembro 30th, 2007 ás 8:22 pm
Oe, escoita rapaz, non te metas con Bollicaos que ven ricos que estaban (seguen existindo? supoño que sí jajaj)…
Iso se chama un bo tatuaxe, ou noutras verbas, como por na túa pel unha mamonada das boas… mira que se aburre a peña…