Epi e Blas, pericos

26 de decembro do 2007 perpetrado por otraveseiro

epiblas.jpg

Eses bonecos son o producto máis vendido neste Nadal na tenda do RCD Espanyol, exceptuando as camisolas oficiais dos xogadores. E non entendo como pode ser así cando o único que teñen de Epi e Blas son o careto e a cor, o único.

Os auténticos Epi e Blas tiñan mans e estes muñóns.
Os auténticos Epi e Blas sempre estaban xuntos, e estes se poden mercar por separado.
Os auténticos Epi e Blas non tiñan pernas, alomenos non as mostraban, estes si.
Os auténticos Epi e Blas sempre levaban os mesmos xerseis, Epi a bandas horizontais e Blas verticais, con esta roupa non son eles.
O auténtico Epi non tiña o pelo pincho e o auténtico Blas poría cara de mala hostia se lle fan pousar ca vestimenta do Espanyol, e aquí sae sorrindo.

Sacrilexio total, xa non se respectan aos orixinais. ¿Porque que será o vindeiro?:
¿Súpercoco cun casco de vikingo e capa do Madrid?
¿A ra Gustavo (reporteiro máis dicharacheiro) ca gabardina do Atlético e o micro da COPE?
¿O monstro das galletas vestido cunha camisola do Murcia e jalando pementos?
¿O boneco do Conde Drácula que se parte o cu despois de conta-los títulos do Celta?

Chuzame! chúzame -

Arquivado en Chámalle X |

Comentarios

  1. Djukica Escribiu:

    Pois eu a Epi véxolle un certo parecido con Cristian aínda que Epi é de lonxe máis alto.

    E a Blas véxollo con De Guzmán, aínda que De Guzmán merece os meus respetos, a diferencia de Cristian que me parece un xogador do máix vulgar.

    Ó hilo da nova que publicas, é que xa non respetan nin os míticos debuxos animados. Onde imos parar… Se Espinete erguese a sua cacholiña…!!

Deixar comentario

Nota: Pode que o comentario tarde en se publicar, porque pode estar esperando moderación.

Apoiamos a Isaac Díaz Pardo