O (que a ten) máis grande
27 de decembro do 2007 perpetrado por
otraveseiro
O eterno debate, quen foi mellor xogador de fútbol, ¿Maradona ou Pele? ¿Pelé ou Maradona? Para min o arxentino. Porque Brasil gañaría igualmente aqueles mundiais sen Pelé, todos eran estrelas, non coma a Arxentina de 1986 onde Diego se botou o equipo ás costas e levouno até o título. E namentres Pelé non xogou nunca en Europa, Maradona levou a un equipo modesto coma o Nápoles a gañar títulos e a pelexar cos poderosos clubes italianos e europeos. Mais diso se podería falar e falar e nunca se podería chegar a un acordo, porque para gustos pintan cores. Para algúns será Maradona, para outros Pelé e para outros Cruiff ou mesmo Di Stéfano. Eso din, que son os catro máis grandes.
Pero aquí ao que vamos é quen ten máis grande os seus atributos. Houbo un tempo en que os fotógrafos e xornalistas entraban nos vestiarios dos equipos coma Pedro pola súa casa, e grazas a iso podemos opinar, e sendo obxectivos todo parece indicar que é Pelé o que a ten máis grande. Pero a min iso non me vale porque se teñen que ter en conta outros detalles. Por exemplo, que Pelé pode estar en semierección ou que Maradona se está a duchar en auga fría, ou que máis dará todo se ao fin e ao cabo (segundo as malas língoas) Pelé é impotente.
Por outro lado, e volvendo ao tema dos xornalistas nos vestiarios, se agora puidesen entrar nos mesmos ao mellor na rúa non estaría o debate de que a David Beckham lle retocaron o paquete co photoshop nas súas fotos coma modelo de calzoncillos, e cecais a súa muller non se columpiaría dicindo que o seu home "a ten coma o tubo de escape dun camión". ¿Botará os gases por aí en lugar de polo cu ou boca?
chúzame - Arquivado en D10S |




decembro 30th, 2007 ás 8:14 pm
Anda que xa te vale, menos mal que non está o meu afillado por aquí para ver pornografía que sino non… jajaj…
Para mín o (que a ten) mais grande foi Maradona, polo simple feito de que ós demais non os vin xogar en vivo e en directo.
Ostias!! agora que caio da burra, o (que a ten) máis grande que carallo, non é Peré nin Maradona, nin ningún deses, é TOMMY N´KONO!!!!!…
O MAISSSSSSSSSS GRANDE DE TÓDOLOS TEMPOS JAJAJJAJA!!!
xaneiro 2nd, 2008 ás 8:08 pm
nuevo tema con fotos incluidas de las ex de Ronaldo xa!!!
xaneiro 2nd, 2008 ás 11:18 pm
Paciencia señores, proximamente haberá un espazo adicado a noivas, señoras e arrejuntadas dos futbolistas.
Joder!, isto xa parece “El pelotón de los salidos”.
setembro 5th, 2008 ás 10:09 pm
A Pelé no se le para
setembro 6th, 2008 ás 10:07 am
GENIAL!!!! Muy buenas las fotos… y la comparacion es evidente: Pele es el mas grande!!!!!
setembro 9th, 2008 ás 5:09 pm
Repito, a Pelé no se le para
Espero que esta ves no censuren los comentarios.
Lamentablemente para ustedes, pueden borrar esto, pero no la superioridad de Maradona