Horror e pavor

31 de xaneiro do 2008 perpetrado por otraveseiro

Hoxe inauguro un novo tema, "Enxendros", adicado aos escudos e emblemas futboleiros que destacan pola súa simpleza, por estar mal concebidos... vamos, por ser feos. Polo menos para min, que para iso teño un gusto tan exquisito. Non me vou deixar levar polas miñas fobias cara certos equipos, así que se un escudo me parece feo pois o digo e punto, aínda que ese equipo me caia ben ou me resulte indiferente.

wolverhampton-wanderers.png

Vai ter a mala sorte de estrear esta sección o Wolverhampton Wanderers, equipo inglés que milita actualmente no que sería a Segunda División española, e que ten como máximos logros as tres Ligas que gañou nos anos cincuenta, aparte de algunha que outra Copa e Supercopas inglesas. Tamén é coñecido por se-lo equipo preferido de Robert Plant, vocalista dos Led Zeppelin.

Penso que é compricado atopar un emblema futboleiro tan feo en Inglaterra, onde miran moito a imaxe e coidan destos temas. Alí os equipos tradicionalmente teñen escudos bonitos e moi elaborados, onde non soe faltar escrito o nome completo do Clube, referentes á cidade, ao barrio ou o ano da súa fundación. Incluso en moitos aparece algunha cita en latín.

Sen embargo o Wolverhampton se sae da liña e nos sorprende con esa figura hexagonal coa silueta dentro do que parece ser un cánido (se supón que é un lobo, para iso son os wolves), un bicho feito ademais con escadra e cartabón. Eu rapidamente o asimilo co anagrama de RUMASA, ou co logotipo duns laboratorios farmaceúticos, de compoñentes electrónicos, de repostos para coches... pero nunca co escudo dun Clube de fútbol inglés fundado nada máis e nada menos que no ano 1877. Xa choveu.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Arquivado en Enxendros | 4 Grandísimas aportacións »

Filosofia Dieguista

31 de xaneiro do 2008 perpetrado por otraveseiro

me-tiene-podrido.JPG

Como eu non fixen a pintada non teño nin idea do que siñifica. O máis normal é que, tratándose dunha frase fotografiada na Arxentina, sexa unha mostra máis do amor e afecto que lle teñen a Diego no seu país, mais non se descartan outras hipóteses:

- Maradona é o camello do autor da pintada e lle está a vender droga adulterada que o está a pudrir por dentro.

- O da pintada está máis que farto de Maradona porque este está até na sopa, non paran de falar del en tódolos medios como aquí no seu momento de Beckham, Raúl, e, a día de hoxe, de Iker Casillas. ¡Que pesadez!

- Trátase dunha errata. O autor da pintada en realidade quixo poñer "Madonna me tiene podrido". Nese caso habería 50.000 hipóteses para deducir por qué escribiu isto.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Arquivado en D10S | 3 Grandísimas aportacións »

Cerebros sobrecargados

30 de xaneiro do 2008 perpetrado por otraveseiro

guar-llardo.jpg

Os futbolistas teñen sobrecargas musculares nas pernas e os xornalistas deportivos na cabeza. Ou Gallardo regresou ao Deportivo e eu non me enterei, ou se trata dun novo gazapo do xornal madrileño AS. Unha máis de tantas ás que nos teñen acostumados.

Fago unha proposición non de lei para que se prohiba o consumo de substancias psicotrópicas nas redaccións dos xornais deportivos, e que non lles boten aos redactores a "gota" no café de primeira hora da mañá.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Arquivado en Xornalistos | 2 Grandísimas aportacións »

Marcador para retrasados mentais

30 de xaneiro do 2008 perpetrado por otraveseiro

roma-fiorentina.JPG

Tempada 81-82, vello Estadio Olímpico de Roma. O A.S. Roma enfróntase á Fiorentina. A imaxe capta un ambiente espectacular nunha curva ateigada de romanistas. Pero atención, observen o marcador electrónico. Este nos mostra a hora, o resultado do encontro até ese momento (aínda non escomenzara), os nomes do árbitro e asistentes, e, por suposto, os equipos contendentes. Mais debaixo de cada un especifican as cores cas que xoga cada un, giallorossi o local, e viola o visitante. Me recorda a cando os televisores eran en branco e negro e antes de comenzar un partido o comentarista dicía "o de escuro é tal equipo e o de claro é tal outro".

Non acabo de atoparlle explicación lóxica a isto. Se supón que os milleiros de tifossis romanos saberán de que cor vai o seu equipo, que por algo levan bandeiras vermellas e amarelas. E se supón tamén que os da Fiorentina, que ben seguro que os hai no campo, tamén estarán ao tanto que o seu clube viste de violeta. Entón, ¿por qué razón informan disto no marcador electrónico?

Ou ben toman aos asistentes ao partido por subnormais, ou ao mellor  contamos no palco coa presenza de altas personalidades políticas italianas ou mundiais que non teñen nin idea de quen é  cada cal. Pois que pregunten, coño, que preguntando se chega a Roma, dito sexa de paso.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Arquivado en Chámalle X | 5 Grandísimas aportacións »

Koeman, ponte o casco

29 de xaneiro do 2008 perpetrado por otraveseiro

ponte-o-casco.jpgRonald Koeman (nunha mestura entre galego/espanhol/inglés viría a ser Cuman=Hombreculo) leva unha racha no Valencia de agárrate e non te menees. Dende que se fixo cargo da dirección técnica en substitución de Quique Flores, caeu eliminado da Champions, da UEFA e, na Liga, está fóra dos postos europeos... e baixando. Lle están a caer hostias (metaforicamente) por tódolos lados, e ao paso que va lle caerán literalmente.

Por iso aconséllolle que se poña un casco para atura-las, por suposto o oficial do Valencia CF. E o presidente, Juan Soler, debería facer o propio, sempre que lle colla na cachola, porque ca tremenda papada que se gasta o vexo difícil.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Arquivado en Idas de olla | 3 Grandísimas aportacións »

¿Que lle aconteceu a este desgraciado?

29 de xaneiro do 2008 perpetrado por otraveseiro

dardo-no-nariz.JPG

A verdade é que está bastante claro, leva un dardo cravado no nariz. Por iso mudo a pregunta: ¿Por qué leva este desgraciado un dardo cravado no nariz?

A) Ten catarro e non respira ben. En vez de tomarse un sobre de FRENADOL, coma todo dios, optou por curarse usando a acupuntura.

B) Participou nunha liorta entre hinchas rivais.

C) Estaba tomándose unhas pintas nun pub e cometeu o erro de pasar por diante da diana cando ía ao baño.

D) Simplemente, trátase dun piercing.

SOLUCIÓN: A opción B.
O dardo llo cravaron nun enfrontamento entre seareiros nun Manchester United-Liverpool de 1978. Que sexa dun ou doutro equipo eche igual, o caso é que é un pringao. Ademais, tampouco o sei.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Arquivado en Pregunta para nota | 1 Grandísima aportación »

A Horteira Easo

28 de xaneiro do 2008 perpetrado por otraveseiro

erreala.jpg

Desa guisa se apresentou a xogar onte a Real Sociedade en Castellón. A min esa mestura cores persoalmente non me gusta pero hai equipos que a elixiron para os seus uniformes, e os respeito. De entrada véñenme á mente o Norwich City inglés e o francés do Nantes, por exemplo.

O que xa non me parece de recibo é que a Real saia a xogar con esas cores que non lle pegan nin con cola, e os motivos aínda por riba son de risa. Segundo o novo presidente da Real, Iñaki Badiola (atención a este tío que vai dar moito que falar), se creou ese uniforme porque "nuestras tres equipaciones coinciden con las del Castellón". Esto xa é inconcebíbel, ¿non teñen ningunha equipación por exemplo vermella?. Lembro nos oitenta que non había estes problemas a pesares de que os equipos só tiñan unha camisola suplente. Sen embargo agora, as marcas deportivas só queren montarse no dólar a base de crear horteiradas para despois vender a seareiros que llas merquen. Neste caso para enganchar á xente din que está baseada no San Sebastian Recreation Tennis Club, de 1903 (?).

O propio Badiola se descobre cando di que "tenemos un contrato con Astore que vamos a respetar; pero todos los patrocinadores nos han dado cierta flexibilidad para el mercado asiático y algunos amistosos. Con Astore también estamos trabajando para intentar ayudarles a que accedan a precios asiáticos, porque tenemos muy buena relación".

Ou sexa que o verdadeiro motivo é mercantil, non de coincidencias co Castellón. Esta situación me lembra ao tema dos Betagarri: "Sé que nadie entiende lo que digo, sé que nadie es verde ni amarillo, sé que lo difícil es sencillo, dime tú qué puedo hacer contigo". Ao final van ten que troca-lo nome da Erreala de Txuri-Urdin por Oria-Berdea (ou como se diga).

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Arquivado en Adefesios | Comenta, non sexas rata »

Síntoma de que estás a ver moito fútbol

28 de xaneiro do 2008 perpetrado por otraveseiro

liga-italianapreview.jpg

Se che poñen una pizza diante e a cortas en porcións hexagonais dunha maneira que a pizza pareza un balón... é un síntoma de que estás a ver moito fútbol.

Se a cortas dese mesmo xeito e namentres o fas poste a berrar coma un poseso paridas como ¡Salinas... tiki-taka... fútbol con fatatas!!! e demais chorradas... é un síntoma de que estás a ver moito fútbol por LaSexta.

En calqueira dos dous casos a miña humilde recomendación é visitar urxentemente ao psiquiatra.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Arquivado en Idas de olla | 3 Grandísimas aportacións »

Aceite de oliva Betis

27 de xaneiro do 2008 perpetrado por otraveseiro

aceite-betis.jpg

"Torres y Ribelles, S.A" é unha empresa sevillana adicada ao envasado e exportación de aceite de oliva, e a marca estrela desta compañía é "BETIS". O aceite "Betis" se vende en tres tipos de envasado: en vidrio, lata (ver foto) e botella de plástico, e se comercializa en tres tipos diferentes de aceite. A cuestión é resolver cal dos tres aceites é o que perde Lopera, amo e señor do Real Betis Balompié. ¿A, B ou C?

A). OLIVA: Dourado e de sabor suave, é o máis vendido do mundo.
Opción descartada. Lopera é moreno, aínda que agora non se note polo pouco pelo que ten, que tenta disimular cun tupé de pacotilla. Ademais, o seu trato con xogadores, adestradores e rivais nunca foi suave.

B). EXTRA LIGHT: Ideal para fritir, asar ou repostería cando se necesita dun gusto suave e delicado.
Tampouco é esta opción. Polo mesmo de antes, este home non é para nada delicado, é imposíbel que perda este tipo de aceite.

C). VIRGEN EXTRA: Aceite de primeira prensada, con sabor a aceituna moi pronunciado. Engade toque Mediterráneo a ensaladas, guisos, asados, sopas e no pan, en lugar da manteiga.
Penso que está claro que é esta opción, a C. Lopera é un aceituno, lle engadiu sempre salsa ao fútbol patrio, lle pega a todo e, ademais, é moi probábel que sexa virxe.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Arquivado en Pregunta para nota | Comenta, non sexas rata »

Golpear ata vencer

27 de xaneiro do 2008 perpetrado por otraveseiro

riazor-blues.JPG

Este magnífico tifo o fixeron os Riazor Blues á saída do Deportivo ao campo no partido fronte ao Atlético de Madrid, hai tres semanas. A tea mostra a famosa fotografía feita en Maio de 1965, e representa a histórica "man pantasma" que Cassius Clay (daquela xa Muhammed Alí) lle arreou a Sonny Liston, tumbandoo no primeiro asalto. A mensaxe do tifo, "Golpear ata vencer", pretende dar folgos aos xogadores para que se deixen o pel no campo e loiten cada balón, golpe a golpe para así poder vencer. E tamén é unha manifestación artística... arte nas bancadas.

Mais hai unineuronais que non o entenden así. Nese encontro, e namentres se mostraba ese bandeirón, Gustavo Munúa, porteiro do Depor, se achegaba a esa portería. E claro, a imaxe e a mensaxe lle entraron polos ollos tan adentro que quedou abducido, de tal xeito que catro días máis tarde se topa con Aouate e sen (supostamente) mediar palabra, lle zosca unha hostia na cara, deixándolle un ollo á virulé e oito puntos de sutura (que ben nos viñan eses puntos).

Aparte de que consideren ao Depor o equipo máis surrealista do ano por diante do Valencia, as consecuencias disto foron: ámbolos dous xogadores foron apartados do equipo, xogando a partires dese momento Fabricio, do filial. Ademais, un xuíz de Betanzos, ollo avizor, citounos a declarar e sentenciou ao uruguaio a seis meses de cárcere, que non cumprirá, pero terá que pagar unha multa de 3600 euros.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Arquivado en Actualidade | 1 Grandísima aportación »

« Entradas Anteriores

Apoiamos a Isaac Díaz Pardo