Hórreos, fútbol e tuning
22 de xaneiro do 2008 perpetrado por
otraveseiro
O hórreo é seguramente o elemento arquitectónico máis característico da Galiza rural. Para os que non sexan de aquí e nunca estiveran por estes lares, aquí poden documentarse un pouco sobre eles: características, función, orixe...
Máis imos ao que imos. Na foto de enriba aparecen dous destas populares construccións tuneadas cas cores dos equipos dos seus respectivos propietarios. Enriba, hórreo tuneado cas cores e escudo do Deportivo da Coruña. Atópase no concello coruñés de Camariñas, na Costa da Morte. O de embaixo, do Barcelona, localízase en Maceda, na provincia de Ourense.
As fotografías foron enviadas por internautas a La Voz de Galicia, que está a facer unha recopilación das maiores chapuzas que se poden atopar na Galiza. Aquí podedes ver estes hórreos a maior resolución (e por separado) e máis fotos de hórreos chapuceiros, e nesta outra ligazón, as mellores chapuzas. Eu destacaría sen dúbida a do boneco emparedado usándoo coma desagüe, sinxelamente espectacular.
chúzame - Arquivado en Adefesios |




xaneiro 25th, 2008 ás 9:49 pm
Papá papá, para o ano que ven quero un hórreo tuneado que está de moda que mo dixo un amigüiño!!…
Manda carallo eu que pensaba que tunear os carros era unha horterada… rizouse o rizo!!…