Celta de Vigo… Mortensen

23 de xaneiro do 2008 perpetrado por otraveseiro

viggomortensen.jpg

O pasado ano visitou Galiza o actor estadounidense de orixe danesa e criado na Arxentina (vaia mestura) Viggo Mortensen para promocionar unha película. E na rolda de prensa un flipao lle pediu que se puxese unha camisola do Celta. O motivo desta estupidez foi que el se chama Viggo e o Celta é de Vigo (?). É coma se nunha tertulia política un seareiro do Burgos lle pide a Antonio Burgos que se vista cunha camisola dese equipo e outro da Real Sociedade fai o propio con Isabel San Sebastian, por poñer dous exemplos de personaxes públicos con apelidos de topónimos, e que, xa de paso, me caen rematadamente mal.

Lembro ver nas imaxes da TVG coma Viggo aceptaba poñe-la pero parecía incómodo ca situación (observen sorriso finxido na foto) , algo normal se temos en conta o marrón que supón ter que poñerse unha camisola do Celta por un lado, e por outro o tiquismiquis que son os arxentinos con estes temas. Está moi mal visto na Arxentina que os futbolistas intercambien a súa camiseta con un rival, e se estes son acérrimos nin che conto. Serva como exemplo o caso do xogador do Gimnasia y Esgrima de La Plata, Luciano Leguizamón, sancionado polo seu clube e despreciado polos seareiros por troca-la súa elástica con Juan Sebastian Verón, de Estudiantes.

Xa o dicía o doutor Carlos Bilardo, mítico técnico arxentino, que o único que podía facer iso é Maradona, que é Deus e o máis grande. O malo é que Maradona non é que intercambie camisolas..., e que se pon toda a que lle ofrecen, habendo documentos gráficos polo menos cun cento delas diferentes. Por certo, se vos fixades ben Viggo Mortensen luce pendurado do pescozo un colgante co escudo do seu equipo, o San Lorenzo de Almagro.

Chuzame! chúzame -

Arquivado en Chámalle X |

2 Comentarios

  1. juggalo Escribiu:

    ten cara de estar pensando:

    “farédesme poñer esta merda de camiseta, pero o que se ligou a Liv Tyler fun eu”

  2. Djukica Escribiu:

    Se lle aparece con esa merd… de camisola a Liv Tayler asegúrovos que a rapaza o mandaba a freir espárragos por hortera…

    Din que dos homes máis elegantes do mundo… manda carallo, ata o mellor escribán ten un borrón… :D !!!

Deixar comentario

Nota: Pode que o comentario tarde en se publicar, porque pode estar esperando moderación.

Apoiamos a Isaac Díaz Pardo