Condom, Jordi Condom
25 de xaneiro do 2008 perpetrado por
otraveseiro
Seguro que se digo Antonio Badín Moreno non vos soa de nada. Pero se digo Antonio Gilipollas Caraculo ao mellor si. O primeiro é un cidadán valenciano e o segundo é o nome co que lle chegou o mes pasado a factura do gas á casa ao primeiro. O tipo, en lugar de protestar a Gas Natural discretamente, se lle ocorreu face-lo pola prensa, que non tardou nada en publica-lo caso, con foto incluída, amosando que a vítima tiña un pouco dos seus dous novos apelidos. Onte se soubo que xa foi descuberto o culpábel (neste caso era unha muller) da bromiña. Aínda así este desgraciado vai a estar puteado até o 2024 polo menos.
Pois no fútbol tamén hai casos reais de nomes e apelidos peculiares. Hoxe vos apresento a un xogador do Palamós de finais dos oitenta e principios dos noventa: JORDI CONDOM AULÍS. Disque que cando David Vidal adestraba ao Logroñés lle preguntou a un tal Enrique Fernández Romero cal era o seu nome de guerra. Este lle respostou que Quique. Vidal lle dixo que non valía porque xa tiñan un (por Quique Setién), que cal eran os seus apelidos. Cando lle dixo Fernández tampouco lle valeu porque xa está moi gastado, así que quedouse co segundo.
Con Jordi Condom debeu pasar algo parecido. O seu adestrador lle dixo que non podía chamarse así porque en Catalunya nesas categorías debía haber coma 5000 Jordis. Mais o futbolista debeu de dicirlle que "míster, como me obrigue a chamarme Condom deixo o fútbol". ¡E iso que daquela non levaban o nome na camisola! Agora non teño nin idea qué foi del, pero estou seguro que se decidira xogar como Condom agora ao mellor sería comentarista deportivo como o tal Raúl (o do Numancia) ou a imaxe dunha marca de profilácticos, coma tantos outros exfutbolistas que se meten a facer anuncios de crecepelos, natillas, futbolines...
chúzame - Arquivado en Estás sen nome |




xaneiro 25th, 2008 ás 5:58 pm
¡Jaja! Muy bueno lo de la foto de Ribery. Para mi es todo un placer, eso quiere decir que visitas mi blog.
No quiero ni imaginar la infancia que pasaría el pobre Jordi…
xaneiro 25th, 2008 ás 9:42 pm
Outro para a lista. A este non o coñecía… Penev, Poyatos, Poyet,,, e agora o Condom… jajajaja…
Só che falta atopar un Sr. Cojoncio ou algo semellante…
Tempo ó tempo verdade?? ;-D!!
xaneiro 25th, 2008 ás 11:48 pm
Djukica.
Igual sí que existe ese futbolista chamado Cojoncio. Se é así, o atoparei.
Roberto.
No solo visito tu blog sino que recomiendo encarecidamente su lectura, sobretodo a los que, como yo, están amargados y desanimados por culpa de su equipo.