O amor é cego
25 de xaneiro do 2008 perpetrado por
otraveseiro
Por ámbolos dous casos, por suposto. Hai uns días comentabamos o tópico de que detrás dun futbolista feo con pasta sempre hai unha muller cachonda. Franck Ribery e acompañante nos desmontan esa teoría, ou, cando menos, son a excepción que confirma a regla. O francés, actual xogador do Bayern de Munich, é posibelmente o xogador máis feo do planeta.
Na súa defensa dicir que cando era un meniño tivo un accidente de coche que o fixo sair despedido polo parabrisas, e quedou así, con ese careto. Pero... ¿e ela? pois non che sei, pero dendelogo que fan boa parella.
A foto xa ten tempo, e foi tirada cando Ribery xogaba no Galatasaray de Estambul, e a saquei de A Contrapié, que se vexa ben clariño, para que logo non me anden a "piar".
chúzame - Arquivado en Adefesios, Elas tamén xogan |



xaneiro 25th, 2008 ás 10:02 am
impagables esos pendientes
xaneiro 25th, 2008 ás 9:45 pm
A mín o que me chama a atención, ademais dos susodichos “ariños”, é a publicidade que leva a camisola: “Avea”… A vé?? que hai que vé??… Sería o colmo que fose a marca dunha Óptica… jajajaj…
xaneiro 26th, 2008 ás 12:04 am
Custa o seu mirar moito tempo para eles, pero se vos fixades ben parecen dous personaxes de Walt Disney. El semella ser Quasimodo, o xorobado de Notredam, e ela Tambor, o coelliño amigo de Bambi.