Golpear ata vencer

27 de xaneiro do 2008 perpetrado por otraveseiro

riazor-blues.JPG

Este magnífico tifo o fixeron os Riazor Blues á saída do Deportivo ao campo no partido fronte ao Atlético de Madrid, hai tres semanas. A tea mostra a famosa fotografía feita en Maio de 1965, e representa a histórica "man pantasma" que Cassius Clay (daquela xa Muhammed Alí) lle arreou a Sonny Liston, tumbandoo no primeiro asalto. A mensaxe do tifo, "Golpear ata vencer", pretende dar folgos aos xogadores para que se deixen o pel no campo e loiten cada balón, golpe a golpe para así poder vencer. E tamén é unha manifestación artística... arte nas bancadas.

Mais hai unineuronais que non o entenden así. Nese encontro, e namentres se mostraba ese bandeirón, Gustavo Munúa, porteiro do Depor, se achegaba a esa portería. E claro, a imaxe e a mensaxe lle entraron polos ollos tan adentro que quedou abducido, de tal xeito que catro días máis tarde se topa con Aouate e sen (supostamente) mediar palabra, lle zosca unha hostia na cara, deixándolle un ollo á virulé e oito puntos de sutura (que ben nos viñan eses puntos).

Aparte de que consideren ao Depor o equipo máis surrealista do ano por diante do Valencia, as consecuencias disto foron: ámbolos dous xogadores foron apartados do equipo, xogando a partires dese momento Fabricio, do filial. Ademais, un xuíz de Betanzos, ollo avizor, citounos a declarar e sentenciou ao uruguaio a seis meses de cárcere, que non cumprirá, pero terá que pagar unha multa de 3600 euros.

Chuzame! chúzame -

Arquivado en Actualidade |

Comentarios

  1. juggalo Escribiu:

    tes tódala razón.

    se eu fose Munua facía unha colecta (obrigatoria) entre os blues para pagar as multas (a do clube e a do xulgado)

Deixar comentario

Nota: Pode que o comentario tarde en se publicar, porque pode estar esperando moderación.

Apoiamos a Isaac Díaz Pardo