Filosofia Dieguista

31 de xaneiro do 2008 perpetrado por otraveseiro

me-tiene-podrido.JPG

Como eu non fixen a pintada non teño nin idea do que siñifica. O máis normal é que, tratándose dunha frase fotografiada na Arxentina, sexa unha mostra máis do amor e afecto que lle teñen a Diego no seu país, mais non se descartan outras hipóteses:

- Maradona é o camello do autor da pintada e lle está a vender droga adulterada que o está a pudrir por dentro.

- O da pintada está máis que farto de Maradona porque este está até na sopa, non paran de falar del en tódolos medios como aquí no seu momento de Beckham, Raúl, e, a día de hoxe, de Iker Casillas. ¡Que pesadez!

- Trátase dunha errata. O autor da pintada en realidade quixo poñer "Madonna me tiene podrido". Nese caso habería 50.000 hipóteses para deducir por qué escribiu isto.

Chuzame! chúzame -

Arquivado en D10S |

3 Comentarios

  1. juggalo Escribiu:

    a traducción ó galego desa pintada é: “Maradona tenme ata os collons”.

    non é que eu controle todo o lunfardo(xerga que se fala en Buenos Aires, a 5ª provincia galega) pero algo sempre se aprende dos bersuit carajo.

    PD.- Eu, maradonista 100%

  2. otraveseiro Escribiu:

    Gran apunte, si señor. Esta noite chegarei ao traballo e soltarei a viva voz e con acento porteño un ¡El jefe me tiene podrido!

  3. Djukica Escribiu:

    Pra min que esas verbas as escribiu Fidel Castro,,, “camaradas, desde que conocí al Pelusa no levanto cabeza” algo así terá na súa testa o presi cubano…

    Claro que se a pintada fose de Castro farían falla un muro de 100×100 kms. para meter todo o seo soltar nos seus discursiños!!

    Etc.,etc.,etc.,etc… :p

Deixar comentario

Nota: Pode que o comentario tarde en se publicar, porque pode estar esperando moderación.

Apoiamos a Isaac Díaz Pardo