Horror e pavor
31 de xaneiro do 2008 perpetrado por
otraveseiro
Hoxe inauguro un novo tema, "Enxendros", adicado aos escudos e emblemas futboleiros que destacan pola súa simpleza, por estar mal concebidos... vamos, por ser feos. Polo menos para min, que para iso teño un gusto tan exquisito. Non me vou deixar levar polas miñas fobias cara certos equipos, así que se un escudo me parece feo pois o digo e punto, aínda que ese equipo me caia ben ou me resulte indiferente.
Vai ter a mala sorte de estrear esta sección o Wolverhampton Wanderers, equipo inglés que milita actualmente no que sería a Segunda División española, e que ten como máximos logros as tres Ligas que gañou nos anos cincuenta, aparte de algunha que outra Copa e Supercopas inglesas. Tamén é coñecido por se-lo equipo preferido de Robert Plant, vocalista dos Led Zeppelin.
Penso que é compricado atopar un emblema futboleiro tan feo en Inglaterra, onde miran moito a imaxe e coidan destos temas. Alí os equipos tradicionalmente teñen escudos bonitos e moi elaborados, onde non soe faltar escrito o nome completo do Clube, referentes á cidade, ao barrio ou o ano da súa fundación. Incluso en moitos aparece algunha cita en latín.
Sen embargo o Wolverhampton se sae da liña e nos sorprende con esa figura hexagonal coa silueta dentro do que parece ser un cánido (se supón que é un lobo, para iso son os wolves), un bicho feito ademais con escadra e cartabón. Eu rapidamente o asimilo co anagrama de RUMASA, ou co logotipo duns laboratorios farmaceúticos, de compoñentes electrónicos, de repostos para coches... pero nunca co escudo dun Clube de fútbol inglés fundado nada máis e nada menos que no ano 1877. Xa choveu.
chúzame - Arquivado en Enxendros |




febreiro 1st, 2008 ás 12:02 pm
Club minero por excelencia hasta en el logo!.
febreiro 1st, 2008 ás 6:18 pm
Yo en lo que concierne a heráldica futbolera soy muy tradicionalista, y ese escudo no hay por donde cogerlo.
febreiro 1st, 2008 ás 10:00 pm
Ademáis de semellar ó de Rumasa que ti comentas, a mín lémbrame o debuxiño das centrais nucleares,,, ese de perigo radioactivo ou o que sexa que significa!!… será para porllos de corbata ós rivales!! jajaj
Quédome co escudo do noso Depor!!
febreiro 4th, 2008 ás 2:52 pm
tamén ten semellanza ó logo da “Iniciativa Dharma”, deses que aínda andan “perdidos”