27 de xaneiro do 2008 perpetrado por
otraveseiro

"Torres y Ribelles, S.A" é unha empresa sevillana adicada ao envasado e exportación de aceite de oliva, e a marca estrela desta compañía é "BETIS". O aceite "Betis" se vende en tres tipos de envasado: en vidrio, lata (ver foto) e botella de plástico, e se comercializa en tres tipos diferentes de aceite. A cuestión é resolver cal dos tres aceites é o que perde Lopera, amo e señor do Real Betis Balompié. ¿A, B ou C?
A). OLIVA: Dourado e de sabor suave, é o máis vendido do mundo.
Opción descartada. Lopera é moreno, aínda que agora non se note polo pouco pelo que ten, que tenta disimular cun tupé de pacotilla. Ademais, o seu trato con xogadores, adestradores e rivais nunca foi suave.
B). EXTRA LIGHT: Ideal para fritir, asar ou repostería cando se necesita dun gusto suave e delicado.
Tampouco é esta opción. Polo mesmo de antes, este home non é para nada delicado, é imposíbel que perda este tipo de aceite.
C). VIRGEN EXTRA: Aceite de primeira prensada, con sabor a aceituna moi pronunciado. Engade toque Mediterráneo a ensaladas, guisos, asados, sopas e no pan, en lugar da manteiga.
Penso que está claro que é esta opción, a C. Lopera é un aceituno, lle engadiu sempre salsa ao fútbol patrio, lle pega a todo e, ademais, é moi probábel que sexa virxe.
chúzame -
Arquivado en Acertixos |
Comenta, non sexas rata »
27 de xaneiro do 2008 perpetrado por
otraveseiro

Este magnífico tifo o fixeron os Riazor Blues á saída do Deportivo ao campo no partido fronte ao Atlético de Madrid, hai tres semanas. A tea mostra a famosa fotografía feita en Maio de 1965, e representa a histórica "man pantasma" que Cassius Clay (daquela xa Muhammed Alí) lle arreou a Sonny Liston, tumbandoo no primeiro asalto. A mensaxe do tifo, "Golpear ata vencer", pretende dar folgos aos xogadores para que se deixen o pel no campo e loiten cada balón, golpe a golpe para así poder vencer. E tamén é unha manifestación artística... arte nas bancadas.
Mais hai unineuronais que non o entenden así. Nese encontro, e namentres se mostraba ese bandeirón, Gustavo Munúa, porteiro do Depor, se achegaba a esa portería. E claro, a imaxe e a mensaxe lle entraron polos ollos tan adentro que quedou abducido, de tal xeito que catro días máis tarde se topa con Aouate e sen (supostamente) mediar palabra, lle zosca unha hostia na cara, deixándolle un ollo á virulé e oito puntos de sutura (que ben nos viñan eses puntos).
Aparte de que consideren ao Depor o equipo máis surrealista do ano por diante do Valencia, as consecuencias disto foron: ámbolos dous xogadores foron apartados do equipo, xogando a partires dese momento Fabricio, do filial. Ademais, un xuíz de Betanzos, ollo avizor, citounos a declarar e sentenciou ao uruguaio a seis meses de cárcere, que non cumprirá, pero terá que pagar unha multa de 3600 euros.
chúzame -
Arquivado en Actualidade |
1 Grandísima aportación »
25 de xaneiro do 2008 perpetrado por
otraveseiro
Seguro que se digo Antonio Badín Moreno non vos soa de nada. Pero se digo Antonio Gilipollas Caraculo ao mellor si. O primeiro é un cidadán valenciano e o segundo é o nome co que lle chegou o mes pasado a factura do gas á casa ao primeiro. O tipo, en lugar de protestar a Gas Natural discretamente, se lle ocorreu face-lo pola prensa, que non tardou nada en publica-lo caso, con foto incluída, amosando que a vítima tiña un pouco dos seus dous novos apelidos. Onte se soubo que xa foi descuberto o culpábel (neste caso era unha muller) da bromiña. Aínda así este desgraciado vai a estar puteado até o 2024 polo menos.

Pois no fútbol tamén hai casos reais de nomes e apelidos peculiares. Hoxe vos apresento a un xogador do Palamós de finais dos oitenta e principios dos noventa: JORDI CONDOM AULÍS. Disque que cando David Vidal adestraba ao Logroñés lle preguntou a un tal Enrique Fernández Romero cal era o seu nome de guerra. Este lle respostou que Quique. Vidal lle dixo que non valía porque xa tiñan un (por Quique Setién), que cal eran os seus apelidos. Cando lle dixo Fernández tampouco lle valeu porque xa está moi gastado, así que quedouse co segundo.
Con Jordi Condom debeu pasar algo parecido. O seu adestrador lle dixo que non podía chamarse así porque en Catalunya nesas categorías debía haber coma 5000 Jordis. Mais o futbolista debeu de dicirlle que "míster, como me obrigue a chamarme Condom deixo o fútbol". ¡E iso que daquela non levaban o nome na camisola! Agora non teño nin idea qué foi del, pero estou seguro que se decidira xogar como Condom agora ao mellor sería comentarista deportivo como o tal Raúl (o do Numancia) ou a imaxe dunha marca de profilácticos, coma tantos outros exfutbolistas que se meten a facer anuncios de crecepelos, natillas, futbolines...
chúzame -
Arquivado en Estás sen nome |
3 Grandísimas aportacións »
25 de xaneiro do 2008 perpetrado por
otraveseiro

Por ámbolos dous casos, por suposto. Hai uns días comentabamos o tópico de que detrás dun futbolista feo con pasta sempre hai unha muller cachonda. Franck Ribery e acompañante nos desmontan esa teoría, ou, cando menos, son a excepción que confirma a regla. O francés, actual xogador do Bayern de Munich, é posibelmente o xogador máis feo do planeta.
Na súa defensa dicir que cando era un meniño tivo un accidente de coche que o fixo sair despedido polo parabrisas, e quedou así, con ese careto. Pero... ¿e ela? pois non che sei, pero dendelogo que fan boa parella.
A foto xa ten tempo, e foi tirada cando Ribery xogaba no Galatasaray de Estambul, e a saquei de A Contrapié, que se vexa ben clariño, para que logo non me anden a "piar".
chúzame -
Arquivado en Adefesios, Elas tamén xogan |
3 Grandísimas aportacións »
23 de xaneiro do 2008 perpetrado por
otraveseiro

O pasado ano visitou Galiza o actor estadounidense de orixe danesa e criado na Arxentina (vaia mestura) Viggo Mortensen para promocionar unha película. E na rolda de prensa un flipao lle pediu que se puxese unha camisola do Celta. O motivo desta estupidez foi que el se chama Viggo e o Celta é de Vigo (?). É coma se nunha tertulia política un seareiro do Burgos lle pide a Antonio Burgos que se vista cunha camisola dese equipo e outro da Real Sociedade fai o propio con Isabel San Sebastian, por poñer dous exemplos de personaxes públicos con apelidos de topónimos, e que, xa de paso, me caen rematadamente mal.
Lembro ver nas imaxes da TVG coma Viggo aceptaba poñe-la pero parecía incómodo ca situación (observen sorriso finxido na foto) , algo normal se temos en conta o marrón que supón ter que poñerse unha camisola do Celta por un lado, e por outro o tiquismiquis que son os arxentinos con estes temas. Está moi mal visto na Arxentina que os futbolistas intercambien a súa camiseta con un rival, e se estes son acérrimos nin che conto. Serva como exemplo o caso do xogador do Gimnasia y Esgrima de La Plata, Luciano Leguizamón, sancionado polo seu clube e despreciado polos seareiros por troca-la súa elástica con Juan Sebastian Verón, de Estudiantes.
Xa o dicía o doutor Carlos Bilardo, mítico técnico arxentino, que o único que podía facer iso é Maradona, que é Deus e o máis grande. O malo é que Maradona non é que intercambie camisolas..., e que se pon toda a que lle ofrecen, habendo documentos gráficos polo menos cun cento delas diferentes. Por certo, se vos fixades ben Viggo Mortensen luce pendurado do pescozo un colgante co escudo do seu equipo, o San Lorenzo de Almagro.
chúzame -
Arquivado en Chámalle X |
2 Grandísimas aportacións »
22 de xaneiro do 2008 perpetrado por
otraveseiro
O hórreo é seguramente o elemento arquitectónico máis característico da Galiza rural. Para os que non sexan de aquí e nunca estiveran por estes lares, aquí poden documentarse un pouco sobre eles: características, función, orixe...

Máis imos ao que imos. Na foto de enriba aparecen dous destas populares construccións tuneadas cas cores dos equipos dos seus respectivos propietarios. Enriba, hórreo tuneado cas cores e escudo do Deportivo da Coruña. Atópase no concello coruñés de Camariñas, na Costa da Morte. O de embaixo, do Barcelona, localízase en Maceda, na provincia de Ourense.
As fotografías foron enviadas por internautas a La Voz de Galicia, que está a facer unha recopilación das maiores chapuzas que se poden atopar na Galiza. Aquí podedes ver estes hórreos a maior resolución (e por separado) e máis fotos de hórreos chapuceiros, e nesta outra ligazón, as mellores chapuzas. Eu destacaría sen dúbida a do boneco emparedado usándoo coma desagüe, sinxelamente espectacular.
chúzame -
Arquivado en Adefesios |
1 Grandísima aportación »
22 de xaneiro do 2008 perpetrado por
otraveseiro

Petardos, mantas, pescaos, torcebotas, paquetes, barcos... son algúns dos calificativos máis axeitados para definir a esta banda de negaos. Mais para o Deporsport, órgano de propaganda do Deportivo, xogar ben pero palmar por non atinar ca portería contraria merece a calificación de IMPOTENTES.
Entón a solución para perfora-las porterías e así mante-la categoría é ben doada: tomarse unha pilula de VIAGRA antes de sair ao campo e problema resolto.
chúzame -
Arquivado en Xornalistos |
2 Grandísimas aportacións »
21 de xaneiro do 2008 perpetrado por
otraveseiro

Este afeccionado inglés do West Ham United pretende deixar ben claro a todo o mundo que ao seu equipo se lle coñece por THE HAMMERS (Os Martelos). Se por casualidade te cruzas con el pola rúa aconsélloche que non lle leves a contraria neste asunto, non vaia ser que logo a ti te chamen O Cravo, A Punta ou A Chincheta.
chúzame -
Arquivado en Xentes da grada |
2 Grandísimas aportacións »