Rotura do recto posterior

18 de xaneiro do 2008 perpetrado por otraveseiro

rotura-recto.jpg

Recoñezo que non teño nin idea de medicina deportiva nin tampouco de lesións neste eido. E iso que tódolos días che bombardean na prensa cos partes médicos das doenzas dos futbolistas: "Fulanito de tal causará baixa para o vindeiro encontro por unha rotura no recto anterior da súa perna dereita". Todo un clásico. ¿Pero que é o recto anterior? Pois polo visto é a parte anterior do músculo cuadriceps que se inserta proximalmente na espiña iliaca anterior e inferior, e distalemente no tendón rotuliano. Forma xunto co vasto interno, o vasto externo e a proción crural o músculo chamado cuadriceps. Función: flexión (do muslo hacia o tronco) e extensión (da perna).

Mais pouco se fala do recto posterior. Na foto de enriba temos un exemplo dunha lesión nese sitio. Un xogador do Newcastle United lesiona de gravidade a un do Arsenal FC, causándolle unha rotura do recto posterior. En termos médicos viría a ser como unha desfragmentación do esfínter na zona do biceps anal interno.

Chuzame! chúzame -

Arquivado en Idas de olla | 1 Grandísima aportación »

Erro fatal

17 de xaneiro do 2008 perpetrado por otraveseiro

O director deportivo do clube portugués Os Belenenses tivo un erro fatal que lle custou o seu cargo e quen sabe se uns cantos piños. Volo explico. Resulta que este señor, Carlos Janela fichou no mercado de inverno a Meyong Zé, xogador camerunés procedente do Albacete. Pero o fixo sen saber que esta tempada, aparte do Albacete, xa xogara uns minutos co Levante. A normativa FIFA prohibe a un futbolista xogar en tres clubes nunha mesma tempada. Disto percatouse o Naval, equipo co que se enfrontou o Os Belenenses o outro día e co que perdeu por 2-1 (aínda por riba con gol de Menyong Zé).

Reclamou aliñación indebida, así que parece ser que aos lisboetas lles quitarán 6 puntos do seu casilleiro. Isto motivou o cese inmediato de Carlos Janela, a pesares de que para min non ten toda a culpa, porque digo eu que antes de formaliza-lo contrato do xogador haberá un departamento xurídico no clube que estea pendente deses rollos. Non sei, digo eu.

meyongce.jpg

Mais que o botaran á puta rúa non foi todo o mal que lle pasou por trabucarse. Seica os seareiros de este equipo estaban convencidos de que o tal Janela lles ía traer no mercado invernal non a Meyong Zé, senón á cantante estadounidense de pop Beyoncé. Cando se atoparon co xogador camerunés montaron en cólera, se sentiron estafados, e se xuntou o tema de que lles van quitar seis puntos con que non lles fichou a Beyoncé que cheos de ira se foron a polo ex-director deportivo, e o agrediron fisicamente.

Para evitar que iso volva a suceder, propoño aos directores deportivos e olladores dos equipos profesionais que practiquen este xogo que consiste en colle-la foto de enriba atopa-las diferencias entre o xogador e a cantante. Leva o seu tempo, pero con un pouco de paciencia non habería problemas para completa-las 5.000. Moita sorte.

Chuzame! chúzame -

Arquivado en Idas de olla | Comenta, non sexas rata »

As hostias da LFP

16 de xaneiro do 2008 perpetrado por otraveseiro

¡Como pasa o tempo! Parece que foi onte pero xa fai 13 anos daquela mítica liorta nas portas da sede da Liga de Fútbol Profesional. A protagonizaran Jesús Gil, presi do Atlético, Caneda, homólogo do Compostela, e Xosé González Fidalgo, xerente deste mesmo clube. Se agora anda todo deus na boca coa fraseciña do "¿Por qué no te callas?" daquela tódolos rapaces andabamos coas de "calamidá, eres un montón de mierda" (con acento fidalguiano), ou "¡no vuelvas a tocar a mi gerente!"

hostia-de-gil.jpg

E para conmemorar tan magno acontecemento reproduzo totalmente e en versión orixinal todo o que se dixeron estes naquel triste día para as altas instancias futbolísticas nacionais e de ledicia para os que nos rimos de todos eses capullos. Velaí vai:

Gil -¡Hombre! Ahí está el chorizo que se ha metido con mis votantes de Marbella, que se ha metido con mi club. Tú robas en el Compostela y yo dirijo el Atlético de Madrid.

Fidalgo- Tú eres un hijo de puta.

Gil - Hijo de puta lo serás tú.

Fidalgo- El único hijo de puta eres tú, que eres un payaso, hostia.

O presidente do Atlético reacciona e lle zoupa unha hostia na cara a Fidalgo.

Gil - Toma, toma… (lle dá un portafolios a un dos seus escoltas).

Caneda.- Cuando vienes con guardaespaldas es cuando nos insultas.

Gil - Eres un hijo de puta y un ladrón...

Caneda - Tú sí que eres un hijo de puta, hombre...

Gil - ...Y el nombre de Marbella no lo vuelves a utilizar en tu puta vida. Has faltado a los votantes de Marbella.

O presidente do Compostela trata de revolverse e irse a por Gil pero é freado polo xerente.

Fidalgo - ¡Quieto, presi!, ¡Quieto presi!. Que no ves que es un hijo de puta el que está aquí, hostia. ¡Que es un hijo de puta!.

Caneda - ¡No me toques los cojones, mamón! (referíndose a Jesús Gil).

Fidalgo - Eres un hijo de puta, cabrón. Me cago en tu puta madre...

Gil - Has insultado a la gente de Marbella...

giligil.jpg

Neste intre, o Caneda e o xerente do Compos entran na sede da LFP e pechan as portas. Gil fica fóra.

Caneda - Los guardaespaldas... Viene siempre con los malditos guardaespaldas, si no iba a saber lo que es bueno este hijo de puta.

Gil - ...Abre, abre... que a éste le voy a poner bien.

Fidalgo - A mí, ¿Por qué me vas a poner bien a mí?, hombre.

A porta da LFP se abre.

Gil - ¿Tú quién eres para hablarme a mí? ¿Tú quién eres para dirigirte a mí? Desgraciado. Habéis faltado a Marbella, habéis faltado a todos, habéis insultado y estáis siendo unos chorizos...

Fidalgo- ...El chorizo lo eres tú.

Gil - ...Te lo voy a decir ahí (na sala da reunión) y aquí.

Fidalgo - Aquí... Tú... Ahí. Ahí tenías que decirlo, pero no en la calle.

Gil - Vosotros cobráis del Compostela y yo pongo dinero.

Fidalgo - Tú, tú... Eso lo dices ahí arriba. Tú, tú (dirixíndose a un dos escoltas).

Gil - ¡Hala! Tú (ao xerente) fuera, que a ti ni te conozco. Tú (a Caneda), si quieres algo conmigo, a solas ahí (na rúa).

Fidalgo - Vamos presi, vamos presi... joder.

Caneda - ¡Cómo hablas cuando estás acompañado!

Gil - No, no...

Fidalgo - Deja de empujarme, joder (ao escolta).

Caneda - Por favor, usted (ao gorila). Dígale a su jefe que no insulte cuando viene con ustedes.

Gil - ...Eres un chorizo.

Caneda -... Un chorizo eres tú.

Gil - Tú te lo llevas y yo lo pago. Has insultado a la gente de Marbella. Has insultado a mis votantes.

Fidalgo - ¿Quién es este señor que viene empujándome?

Gil - El que viene conmigo, que es igual.

Caneda - Que viene contigo ¿de qué?.

Gil - Si queréis, solos ahora.

Caneda - Ya te dije que cuando quieras, pero cuando vengas sin gente.

Gil - ¡Que no me nombres más!

Caneda - ...Cuando vengas sin gente.

Gil - ¡Que no me nombres más! Cobarde.

Caneda - ¡Que eres un maldito calamidad!

Un da LFP - Por favor, José María.

Caneda - Tú vas a saber un día lo que es bueno.

Gil - ¿Yo?.

Fidalgo - Sí, tú.

Gil - Tú eres un ladrón.

Caneda - Tú eres un maldito cobarde.

Gil - Venga hombre. Sal aquí solo conmigo.

Caneda - Si vienes con tres guardaespaldas, hombre.

Gil - Quitaos vosotros (aos gorilas). Déjame, déjame. Estoy yo solo aquí, solo aquí.

Fidalgo - Solo conmigo.

Caneda - ¡No vuelvas a tocar a mi gerente! ¡No vuelvas va tocar a mi gerente!

Fidalgo - Eres un montón de mierda, un montón de mierda eres tú, cabrón.

Gil - ¿Quieres que te pegue otra igual?

Fidalgo - Otra igual. A ver si crees que no te la voy a devolver. Te la devolveré algún día.

Gil - Eres un desgraciado...

Fidalgo - Y tú un hijo de puta...

Gil - Yo a ti no te conozco de nada...

Fidalgo- Algún día te la devolveré...

Gil - Cuando quieras...

Fidalgo - Cabrón...

Gil - El nombre de Gil, ni nombrarlo hijo de puta...

Fidalgo - Hijo de puta eres tú. Tú eres el hijo de puta. Tú, tú.

Gil -Baja, baja...

Fidalgo - ...¡La madre que te parió!

Gil - Baja. desgraciado, payaso. No vuelvas a utilizar el nombre de Marbella.

Caneda - Calamidad...

Gil - Eres un hijo de puta...

Caneda - ...Calamidad.

Gil - ...Eres un ladrón.

Caneda - ¿Por qué pegas a mi gerente? Mamarracho.

Gil - Tira, tira... (á xente que ía diante del). Tira, tira... que hay que romperle la cabeza, hombre. Que a mí no me insulta más este hijo de puta, que a mí no me insulta. Que es un chorizo y yo no. Este vive del Compostela y yo no. A mí me da igual... yo he venido aquí exclusivamente a ver si le rompo la cabeza. (Está é boísima!!)

Un tipo da LFP - Cálmate Jesús, por favor.

Gil - ¡Cómo me voy a calmar si ha insultado a mi gente de Marbella!

E aí remata todo. Curiosamente días máis tarde ámbolos clubes negociaban o traspaso de Luboslav Penev do Atlético ao Compostela, como se non pasara nada. E por certo, despois de todos estes anos sacamos a conclusión de que todos eles eran uns chourizos, montón de merda, ladróns e fillos de puta, e que Gil non quería que se insultase aos seus votantes de Marbella porque xa se encargaba el de face-lo polos demais.

Chuzame! chúzame -

Arquivado en Espanholadas | 2 Grandísimas aportacións »

¿Quen é o flipado este?

16 de xaneiro do 2008 perpetrado por otraveseiro

sol-campbell.jpg

Non teño nin ligazón nin foto de fronte que demostre quen é ese personaxe. No primeiro caso porque acostumo a navegar pola rede e gardar fotos interesantes sen (lamentabelmente) anota-la ligazón, e no segundo caso porque sinxelamente non hai foto de fronte. Vos teredes que fiar de min. A solución, ao final das pistas, aínda que se sodes futboleiros, que se supón que si, daredes con el.

1. É un xogador de fútbol inglés.
2. É un xogador de fútbol inglés negro.
3. É un xogador de fútbol inglés negro internacional e defensa.
4. É un xogador de fútbol inglés negro internacional e defensa que se iniciou no Tottenham Hotspur.
5. É un xogador de fútbol inglés negro internacional e defensa que se iniciou no Tottenham Hotspur e logo os traizoou para fichar polo Arsenal.
6. É un xogador de fútbol inglés negro internacional e defensa que se iniciou no Tottenham Hotspur e logo os traizoou para fichar polo Arsenal e que agora xoga no Portsmouth.

Vale, se sodes tan burros que todavía non o adivináchedes, volo digo: SOL CAMPBELL. ¿E que carallo fai este flipao sentado nunha cadeira de xardín no medio dun rio con pouca profundidade? Pois tamén volo digo: Tomando o SOL, valga a redundancia. ¿E non hai xeitos e sitios mellores para face-lo? Pois si señor, pero se temos en conta que este tio é un excentrico de tres pares de narices, pois non resulta estraño.

Por exemplo unha vez desapareceu no descanso dun partido da Premier, e ninguén soubo absolutamente nada del durante 5 días. Ademais, din que varias veces estivo a piques de deixa-lo fútbol para reconvertirse en actor de cine. Unha peza de psiquiatrico.

Chuzame! chúzame -

Arquivado en Acertixos | 4 Grandísimas aportacións »

Fin de ano con Señor

14 de xaneiro do 2008 perpetrado por otraveseiro

Non sabemos se Mateja Kezman (xogador serbio do Fenerbahce) recibiu un forte balonazo na cabeza, se se caeu da cama e bateu ca mesiña de noite ou, simplemente, cavilando no que fará cando deixe o fútbol caeu da burra escoitando aos Def Con Dos e a canción "Trabajando para Dios":

Buscando curro debajo de las piedras,
cansado de llamar a todas las puertas,
harto de citas con tipos casposos
que pasan de ti como de un leproso.
Y acudes a todos los anuncios,
rellenas formularios absurdos,
dejas tus datos, nadie te llama
y acumulas palmadas en la espalda.
Y en casa la misma charla:
"Vago, haragán", grita la vieja,
"Ésto no es ningún balneario.
A ver si te ganas ya los garbanzos".

Hasta que un día que estás en casa
mirando en la ventana a la gente que pasa,
te fijas, atentamente,
en las monjas guarras del convento de enfrente,
lo bien que viven, lo bien que se lo pasan
haciendo que hacen sin dar un palo al agua.
Y, ¡albricias!, se enciende la bombilla:
esta empresa no estaba en mi lista.
Qué torpe he sido, ahora caigo,
en la Iglesia nunca hay paro.
He visto la luz, ¡hip, hip, hurra!
Mi futuro está en ser un cura.

Ora pro nobis, ¡yeah!
Ora pro nobis, ¡yeah, yeah!

Y me chupo muchos años de seminario,
comiendo, durmiendo y rezando.
Me aprendo al dedillo los Santos Evangelios,
canto, medito y a veces me la pelo.
Hasta que me examinan y apruebo sacerdote,
me dan un alzacuello, un uniforme,
paga extra, un mes de vacaciones,
mi parroquia, mi cáliz y mis cuatro pobres.

Trabajando, trabajando para Dios.
Ahora las hostias las doy yo.

Y a currar como un loco para una gran empresa
multinacional que nunca quiebra.
Reparto bendiciones, desvirgo monaguillos,
sobo ancianas y me guardo los cepillos.
Un solo patrón, un solo sindicato,
director general: el Espíritu Santo.
Así que si no quieres seguir parado
aprende a ganarte la vida rezando.

Ora pro nobis, ¡yeah!
Ora pro nobis, ¡yeah, yeah!
Trabajando, trabajando para Dios.
Ahora las hostias las doy yo.

 

senor1.JPG


Igual foi un pouco de todo, pero o caso é que Kezman xa sabe o camiño que vai segui-la súa vida, como así o recoñece el nestas declaracións, asegurando incluso que pasou a noite de Fin de Ano rezando co ex-xogador do Zaragoza e da selección española, Juan Señor, e que está para servi-lo. "Antes, visitando mosteiros, sentía mágoa polos monxes, mais agora envexo o seu estilo de vida. É o máximo ao servizo ao SEÑOR. Pasei o Nadal e a noite de Fin de Ano só con SEÑOR, rezando."Señor sempre foi un ídolo para os zaragocistas, pero Kezman vai máis lonxe aínda e o compara co propio Deus: "Tento pasa-lo maior tempo posíbel pensando en Deus e visito mosteiros sempre que podo. Estou agradecido a Deus por permitirme coñece-la fe e estar en compaña da xente que o serve a El."

Chuzame! chúzame -

Arquivado en Actualidade | Comenta, non sexas rata »

“El Vaquilla” do Fenerbahce

13 de xaneiro do 2008 perpetrado por otraveseiro

elvaquilla.jpg

Hai uns días leín en La vida en domingo un artigo sobor a "condecoración" de Graeme Souness coma o xogador máis duro da historia, e ademais coma adestrador tamén os tiña moi ben postos. Para amosa-lo nesa mesma ligazón nos poñen un video de Souness cando adestraba ao Galatasaray de Estambul. Foi na final da Copa turca do ano 1996, onde o seu equipo gañou ao eterno rival, o Fenerbahce. A Souness se lle deu por coller unha enorme bandeira do Galatasaray e pranta-la xusto no medio do campo, que ademais era propiedade no Fenerbahce.

Pois coma todavía funciona iso do ollo por ollo, dente por dente, este quinqui do Fenerbahce optou por face-lo propio no campo do seu rival, ca diferencia de que Souness non ía "armado" e que a bandeira esta é bastante máis pequena que a que portaba o mister inglés, seguramente en proporción ca menudencia de "El Vaquilla" turco, que non ten nin media hostia e non debe pesar nin corenta e cinco kilos. Cecais o que pretendía era que o mataran a paus para evita-lo sacrificio de sair tódolos días á rúa a pedirlle cartos á xente para o chute: "Dami arlgo". De tódolos xeitos, eu se estou no campo me parto o cu da risa e para nada se me ocurriría ataca-lo, todo o contrario.

Por certo, para os das novas xeracións, "El Vaquilla" foi un famoso delicuente dos anos 80 ao que incluso se lle adicaron grandes películas nominadas aos Oscars e aos Globos de Oro coma "Yo, el Vaquilla" ou "Perros Callejeros", indispensabeis na videoteca de calquer cinéfilo.

Por certo, o da foto aínda por riba luce un pantalón de chándal que semella o mítico Adidas Challenger que portaban o 90% dos quinquis que ían por aí "dando el palo" e a vara á xente coma min e tantos outros que os sufriron.

Chuzame! chúzame -

Arquivado en Xentes da grada | Comenta, non sexas rata »

Herodes, ese gran incomprendido

12 de xaneiro do 2008 perpetrado por otraveseiro

anti-spurs.JPG

Cando Joan Manuel Serrat cantaba aquelo de "Esos locos bajitos..." por dentro estaba a pensar aqueloutro de "Esos locos y peligrosos bajitos tocapelotas". Un exemplo o temos no raparigo da foto da dereita. O cativo é presumiblemente seareiro do Arsenal, e seguramente alentado por alguén máis maior (pai, nai, tío, tía, avó, avoa, amigo da familia...) tivo a ben face-las súas necesidades fisiolóxicas na tenda de souvenirs do eterno rival, o Tottenham Hotspurs.

Para evitar deixar soltos a estes perigosos elementos propoño que se lle poña un colar para gatos como o da foto da esquerda, e se nin con esas es capaz de non perderlle a vista, leva incorporado un bonito cascabel, porque ao mellor ao sair de aí foi defecar á tenda do Chelsea, por exemplo. Por suposto, o colar, producto oficial dos Spurs mercado nesa mesma tenda, para que o cativo (e o que o alentou) se sinta dobremente fastidiado.

Chuzame! chúzame -

Arquivado en Xentes da grada | Comenta, non sexas rata »

Sen tetas non hai paraiso

9 de xaneiro do 2008 perpetrado por otraveseiro

tetas-paraiso.JPG

Ese é o suxerente nome dunha nova serie de ficción que estreará proximamente a canle Telecinco (Telahinco para os amigos). Hai uns días xa leín en La Realidad Estupefaciente algo do tema, que se trataba dun culebrón colombiano e que máis seguro que, como tantas outras series, cruzaría o charco e se emitiría en España. Pois hoxe en La Voz de Galicia pon que a emitirá Telecinco, pero non a orixinal, senón unha producción española con actores e actrices de aquí.

Como da serie, dos seus protagonistas e argumento xa se falará dabondo en foros e blogues, imos ao que imos, relación título/foto desta entrada. Pois iso, que o seareiro xaponés da foto, coñecedor de que éche certa a lenda de que o 90% das mulleres xaponesas teñen moi pouco ou nada de peito... estaría disposto a coller unha katana e facerse o hara-kiri con tal de ir a un paraíso deses cheos de tetas.

Chuzame! chúzame -

Arquivado en Xentes da grada | 2 Grandísimas aportacións »

« Entradas Anteriores Entradas Posteriores »

Apoiamos a Isaac Díaz Pardo