29 de Febreiro do 2008 perpetrado por
otraveseiro

BOBO
Falto ou escaso de entendemento ou razón.
Que padece certa deficiencia mental.
Dito dunha persoa pesada e molesta.
BALDE
Estar de máis, ocioso.
Gratuitamente, sen custo algún.
Baldeiro ou cubo que se emprega para sacar e transportar auga.
Dianbobo Baldé, defensa central nacido en Francia pero internacional con Guinea. Xoga actualmente no Celtic de Glasgow. Non fai falla que diga que non teño nada contra este xogador, que o rollo ben do seu curioso nome. O recalco por si ven algún listo argumentando que o fago por temas de tipo raciais, mais non é así.
chuzame -
Arquivado en Estás sen nome |
1 Grandísima aportación »
28 de Febreiro do 2008 perpetrado por
otraveseiro

Enrique Cerezo, mandamáis do Atlético de Madrid, celebra por todo o alto o seu 60 cumpreanos no archicoñecido Asador Donostiarra (¿non hai máis restaurantes en Madrid?). Ao tipo o agasallan cunha camisola do Madrid co número 1 e lle parece de puta nai e rise e todo, algo que, loxicamente, non caeu ben na parroquia colchoneira. Pousa acompañado doutros dous polos de moito coidado. Un, o ideólogo de tan magno acontecemento, Ramón Calderón, o seu homólogo do Madrid. Xunto a eles, o terceiro en discordia, Angel María Villar, presi da Federación Española.
Na foto tamén se aprecia a ese que saía en Antena 3 nun programa de videos de hostias e catástrofes, creo que se chama Carlos Histchfeld ou algo así. Xunto a eles o enchufadísimo Gonzalo Miró, que non é que o collera mal o fotógrafo, é que é así de feo. Ademais, aínda que non se vexa nesta foto, saen o xornalista Gaspar Rosety e o dúo Pimpinela. Estes non en persoa, pero si nun dos cadros que penduran das paredes do Asador. Neste local lles gusta poñer fotos das celebridades que pasan por el, e polo que se ve, vale todo.
Tres reflexións non futboleiras sobre esto que me veñen á mente:
1. Hai 60 anos lamentablemente non existía a píldora abortiva ou postcoital.
2. O Asador Donostiarra debería habilitar un salón privado para dar de xantar a discapacitados mentais e incluso receber subvencións do Estado por elo.
3. O vindeiro sábado co xornal Público entregan de balde un conto, un álbum de pasatempos e tatuaxes de Los Tres Cerditos.
Edito para sinalar na foto cunha frecha o careto do barbas de Pimpinela, estupefacto ante o que ven os seu ollos.
chuzame -
Arquivado en Odioteca |
2 Grandísimas aportacións »
27 de Febreiro do 2008 perpetrado por
otraveseiro

Non, ben non pode ir, e por moitas razóns:
-Está só nunha especie de celda de manicomio, totalmente branca e cunhas sábanas no chan.
-Leva pendurada das costas unha camisola do Madrid co seu nome e sen dorsal. ¿Onde se viu tal cousa?
-Leva unha tea de araña na súa zapatilla.
-Está a piques de pisar unha bufanda (¡negra!) do Madrid na que reza Halamadrid, así, todo xunto.
-Fai ca súa man o aceno de pegarse un tiro en toda a sien, ou cando menos, xesto de que está coma unha puta cabra.
-A pesar de todo iso, se está a rir.
Vendo o percal este... ¿como vai a ir ben?. Por certo, pronunciar o título con acento da República Bolivariana de Venesuela.
chuzame -
Arquivado en Estás sen nome, Idas de olla, Odioteca |
3 Grandísimas aportacións »
26 de Febreiro do 2008 perpetrado por
otraveseiro
Que se forme unha plataforma de apoio a Zapatero paréceme unha chorrada, pero ten un pase. Que os que poñan a cara nesta plataforma sexan artistas e intelectuais xa dá moito que pensar. Pero que nesa lista aparezan nomes como os de Miguel Ríos, Pedro Almodóvar e Miguel Bosé, entre outros moitos... xa é para saír correndo. Se xa non pensaba votar ao PSOE agora moitísimo menos, pois non pode ser nada bo algo que apoien eses gualtrapas.
Por outra banda, o PP tamén ten a súa tropa de defensores famosos. Entre este grupúsculo se atopan o omnipresente Bertín Osborne, un dos Morancos, o actor Pepe Ruiz (Pepa e Avelino) e Antonio Ozores. Imaxino que este último se pronunciaría ao respecto por escrito, porque a ver quen carallo lle entende vía oral.
Pero a mellor plataforma sen dúbida é a formada por seareiros fans de Messi que apoian a Izquierda Unida. De momento só a forma o tipo da foto, que non sabemos como se chama, pero que non dubidou nin un intre en coller a pintura sobrante da faciana e escreber a dedo os nomes do seu ídolo e da súa opción política.
chuzame -
Arquivado en Idas de olla, Xentes da grada |
1 Grandísima aportación »
26 de Febreiro do 2008 perpetrado por
otraveseiro

¿Quen é esa tipa e que fai en bragas e ca camisola do Deportivo posta? Para explica-lo temos que remontarnos a Outubro do 2004. Ese mes se edita o número 15 da revista oficial do Clube, e esta señora forma parte dunha reportaxe fotográfica titulada "Silvia Fominaya, revolución en el Playa". Para os non iniciados, o Playa Club é un histórico local hosteleiro coruñés actualmente xestionado polo Depor e que ben sendo a sala de xogos dos fillos de Lendoiro and friends.
Imos con Silvia Fominaya. É unha modelo, actriz (?) e presentadora de televisión que naquelas datas estaba na cresta da ola porque traballaba (?) como contertulia (falaba do seu can e sacaba unha teta de cando en vez) no programa Crónicas Marranas, de Telecinco, tras participar na edición daquel ano de La Isla de los Famosos. ¿E que ten que ver co Deportivo? Nos últimos anos no Clube colleron a puta manía de captar adeptos famosos para facerlles reportaxes na revista oficial sen ter en conta que a maioría deles o Depor lles importa un carallo e tampouco caeron na conta que a moitos deportivistas máis que enorgullecernos nos avergoñaba que certos persoeiros pousaran cas cores do Depor e se declararan deportivistas.
Mais neste caso Silvia Fominaya sí ten relación co Deportivo. Na tempada 93-94 o Depor fíxose cos servicios dun entonces cotizado dianteiro do Raio Vallecano, Pedro Riesco. Non se pode dicir que fracasara porque tampouco tivo ocasión de amosar moito pola grande competencia que había no seu posto. O caso é que Riesco viviu na Coruña acompañado pola súa moza, que resultou ser Silvia Fominaya, que daquela contaba con 17 anos.

Resulta chocante ler o que poñen dela nesta reportaxe: "Es guapa a rabiar, salta a la vista. Pero el mayor atractivo de esta mujer es la belleza interior. Durante su visita al Playa Club, Silvia Fominaya nos fulminó con su sonrisa. Quedamos cautivados por su simpatía, su paciencia, su presencia, y, sobre todo, por su decisión de abrirse al deportivismo".
E resulta chocante polo feito de que na Coruña non a recordamos precisamente pola súa simpatía e beleza interior, senón todo o contrario. Esta tía sempre estaba metida en bullas: A moza de Pedro Riesco ten unha liorta de tráfico..., a moza de Pedro Riesco se pelexa cunha señora polo turno da charcutería de El Corte Inglés..., a moza de Pedro Riesco a monta na súa urbanización porque lle molestan os contenedores de lixo... E así continuamente, un día sí e outro tamén. Só nos queda agardar que Oksana Andersson, a moza de Willhelmsson, se comporte mellor ca ela e, sobretodo, non teñamos que agardar 10 anos para ve-la pousar lixeira de roupa ca camisola do Depor.
chuzame -
Arquivado en Elas tamén xogan |
8 Grandísimas aportacións »
25 de Febreiro do 2008 perpetrado por
otraveseiro
Tres temas acaparan hoxe a información futboleira. Por un lado, os xogadores do Madrid apijotados perdidos celebrando un gol que non subiu ao marcador e que lles custou encaixar un en contra e, á postre, perder un puntiño. Por outro, a victoria do Tottenham de Juande Ramos na final da Copa da Liga inglesa, agora chamada Carling Cup por motivos comerciais. E por último, ao que imos, a escalofriante entrada de Martin Taylor, do Birmingham a Eduardo, do Arsenal, tronzándolle o nocello por tódolos lados.

Naturalmente, Taylor pasou a engrosar esa longa lista de xogadores que compaxinan o fútbol coa carnicería. Aí están os Vinnie Jones, Pablo Alfaro, Javi Navarro, Hierro, Roy Keane... Pero foi ver isto e lembrarme de que houbo un gran xogador, de guante branco, que foi carniceiro. Estou a falar do gran Luís Suárez, que foi Balón de Ouro nun tempo en que non bastaba con facer un bo Mundial e gaña-lo para que che deran o premio (Cannavaro, por exemplo). Hoxe en día te chega a mafia da FIFA e Pelé a elaborar unha lista dos 125 mellores xogadores da historia e van e o deixan fóra para incluir a Luis Enrique, Butragueño e Raúl. Mais daquela había que ser un crack de verdade para que se che recoñecera como tal.
Por exemplo, en L’Equipe dicían del que "É un aristócrata do balón e o seu fútbol é coma se nun espectáculo de ballet moderno e nunha soa persoa se reunisen o atleta, o bailarín e o director de orquestra". Pero é que ademais diso, tamén era carniceiro.
Como se aprecia na foto, a pesares de xa ser unha estrela do fútbol profesional, a Luisito (así era coñecido por aquí) non lle custaba nada cando pasaba pola Coruña axudar aos seus pais na carnicería familiar da mítica Avenida de Hércules.
chuzame -
Arquivado en Mundo viejuno-celebrities |
3 Grandísimas aportacións »
23 de Febreiro do 2008 perpetrado por
otraveseiro
A traducción literal ao castelán dos apelidos de Rodolfo Dapena Dapena (Outomouro –Ourense- 1960) sería Delapeña Delapeña, pero como non se apelida así, senón Dapena ao cadrado, pois vai ter a mala sorte de saír neste blogue. O nome Rodolfo xa non soa moi ben e eu o relaciono rapidamente con Rodolfo Langostino e Rodolfo Valentino. Este de marisco ten ben pouco e de sex-symbol nin digamos. Este nome polo visto provén de Alemaña e siñifica "Aquel que gaña a batalla, o que busca a gloria". Unha incongruencia con este xogador, pois xogou en equipos perdedores e pupas: Logroñés, Atlético de Madrid, Celta e Betis.
Os seus apelidos, Dapena Dapena, pois xa o din todo. Que o primeiro apelido do teu pai coincida co primeiro da túa nai e que aínda por riba sexa ese... pois é unha putada. Claro que tamén pode ser que os seus pais sexan irmáns ou curmáns e practicasen o incesto. Sexa como sexa o caso é que Rodolfo dá dobremente pena, unha por xogar no Celta, e outra por face-lo no Betis.
chuzame -
Arquivado en Estás sen nome, Mundo viejuno-celebrities |
1 Grandísima aportación »
22 de Febreiro do 2008 perpetrado por
otraveseiro

Ler tódolos días os xornais deportivos españois, esa é a receita de Fidel Castro para ter tanta lonxevidade. Que si, que tamén le o Gramma e outros máis, pero para ter unha boa saúde ademais de comer sano e facer deporte tamén hai que rirse, e que mellor maneira de arrincar un sorriso que lendo a prensa deportiva. Na imaxe non parece moi contento, pero era porque no Marca poñía que "tanta Arxentina, tanto Brasil...", e claro, a el lle fode porque como todo o mundo sabe, el quere que gañen as seleccións latinoamericanas.
Mais Fidel non é o único. Manuel Fraga sempre ten o exemplar do día do Sport no retrete, para que se lle faga máis ameno evacuar, e disque Augusto Pinochet morreu pouco tempo despois de que o xuiz Garzón interviñera a súa suscripción ao xornal madrileño As.
chuzame -
Arquivado en Xornalistos |
2 Grandísimas aportacións »