¿En coche ou a patas?

1 de febreiro do 2008 perpetrado por otraveseiro

real-jaen.jpg

A mensaxe do cartaz que suxeitan eses dous homes está bastante claro: van a ver ao Real Xaen. Pero o que non está tan claro é quen dos dous o vai facer a pé e quen motorizado. Para min é doado deduci-lo, pero imos a analiza-la imaxe polo miúdo para comproba-lo.

- O da dereita.
Ten pinta de ser de pasta, vai ben vestido, con gabardina e garabata. Está a sorrir, se lle ve feliz, ten certo aire de chulo, como Fernando Alonso. Os pés non llos vemos pero seguramente alpargatas non leve.

- O da esquerda.
Leva unha mochila ao lombo, unha chaqueta desgastada que parece quedarlle raquítica, e unha cara de mala hostia impresionante. É moi probábel que leve sandalias nos pés... e sen calcetíns.

¿Que? branco e en botella, ¿non?. O que aínda non o teña claro debería ir a clases particulares de agudeza visual.

Chuzame! chúzame -

Arquivado en Acertixos, Mundo viejuno-celebrities, Xentes da grada |

3 Comentarios

  1. Djukica Escribiu:

    jajaj, é boa esta imaxe, para que logo digan que o amor ás cores o teñen os do Madrid ou os do Barça, onde se poñan os do Xaén!!, non me caía nin ben nin mal este equipo pero só por isto xa gozan da miña simpatía!!

    Ti en coche e eu en camión,
    imos animar, o Depor Campión!! :)

  2. juggalo Escribiu:

    nova sección no traveseiro:

    “mundo viejuno - celebrities”

  3. otraveseiro Escribiu:

    Tomo nota da suxerencia.

Deixar comentario

Nota: Pode que o comentario tarde en se publicar, porque pode estar esperando moderación.

Apoiamos a Isaac Díaz Pardo