O síndrome Wilhelmsson

5 de febreiro do 2008 perpetrado por otraveseiro

O pasado 31 de Xaneiro pechouse o prazo para inscribir xogadores na liga española. O Deportivo, unha vez máis, non conseguiu fichar a ese dianteiro goleador que tanto anceiaba Lotina e a parroquia deportivista dende fai... nin se sabe. Pero dá igual, a xente non se mosqueou porque a única fichaxe, aínda que non sexa dianteiro, foi nin máis nin menos que a de Christian Wilhelmsson, un extremo dereito sueco apodado "O Chip".

1688.jpg

Seguro que o xogador pasaría inadvertido se non fose porque a súa moza é Oksana Andersson, unha modelo e cantante de orixe ruso. Na Coruña, e parte do extranxeiro, non se fala doutra cousa (me sorprendeu até leer sobor este tema nun portal arxentino), xa sexa en xornais deportivos coma de información xeral. Hai unha especie de síndrome que fai que todo cristo fale desta parella, tanto eles como elas, que consideran ao tipo o Beckham de Riazor. En canto a nós... pois a verdade é que isto xa semella unha peli casposa de Alfredo Landa e José Luis López Vázquez, unha obsesión case enfermiza coa sueca, importando máis cando chega á Coruña esta rapaza que cando debuta Wilhelmsson.

Vos preguntaredes por que carallo non acompaño esta entrada cunha foto da feliz parella, e a poder ser con pouca roupa. Pois porque, como apuntei antes, falan do temiña en tódalas webs, blogues e foros de deportes, con ligazóns a fotos deles ou mesmo á propia web de Oksana. Así que se os queredes ver, poñédevos a traballar. No seu lugar prefiro colgar esta imaxe que corresponde a unha película que dá nome a este post, "El síndrome de Svensson". O fotograma é ademais moi futboleiro, o protagonista do film (Alejandro Garrido) porta unha camisola da selección de Suecia, e ela (María Almudever) unha minúscula retro-futboleira. Esta rapaza aínda por riba interpreta a unha guitarrista dun grupo de pop chamado... "Los Balones".

Chuzame! chúzame -

Arquivado en Actualidade, Elas tamén xogan |

3 Comentarios

  1. Roberto Escribiu:

    Pues ahora que lo nombras, la mujer de Svensson es aún más espectacular que la de Wilhelmsson…

  2. Sergio Cortina Escribiu:

    Pues balones tiene pocos la colega…

  3. DoKiÈh Escribiu:

    Sí, tanto la de Svensson como la de Wilhemsson se salen. Pero la reina de las mujeres de los futbolistas, al menos para mí, sigue siendo la de Totti, Ilary Blasi :P

Deixar comentario

Nota: Pode que o comentario tarde en se publicar, porque pode estar esperando moderación.

Apoiamos a Isaac Díaz Pardo