RADiografía dunha trapallada
7 de febreiro do 2008 perpetrado por
otraveseiro
Esa cousa fea de aquí enriba trátase do escudo do FK-RAD de Belgrado, modesto equipo serbio que sempre estivo á sombra dos dous grandes do fútbol serbio e da extinta Iugoslavia, Estrella Roja e Partizan. Deste equipo fichou o Deportivo en 1991 a Miroslav Djukic, que compaxinaba daquela o fútbol coa conducción de excavadoras (aínda que pareza mentira, desta vez falo en serio). Contan que Carlos Ballesta, segundo de Arsenio no Depor, viaxou a Belgrado coa intención de ver xogadores dos dous grandes. Estaba no hotel, era sábado pola tarde e eses equipos xogaban o domingo. Entón Ballesta lle dixo a Zoran Vekic (representante de xogadores), que non podía estar así, pintando o caneco, que tiña que ver fútbol como sexa. Vekic lle dixo que o podía levar a ver ao RAD, que xogaba ese día, pero que eran uns mataos. Alí descubriu Ballesta a Djukic, aínda que, todo hai que dici-lo, xa o estaba a tantear o Estrella Roja.
A ver, que se me vai a pinza, imos co escudo deste equipo. O que o deseñou dende logo non se parou moito. Colleu un círculo, o pintou ca cor do equipo. A continuación lle engadiu un balón, que para iso é un clube de fútbol, meteu nunhas casiñas brancas e en letras eslavas o nome do equipo, RAD, e noutro lado FK. ¿E agora qué? Pois nese momento coméndose o coco estaba a xogar cun clip (ollo, non de Playmobil, senón dos de suxeitar papeis), o rompeu e se lle deu por coloca-lo enriba do círculo azul. E aí naceu o emblema deste Clube.
Dous apuntes. A día de hoxe teñen un novo modelo, é ovalado, a dúas cores, e lle engadiron o ano de fundación do clube, 1958. Eso sí, o clip roto segue aí. O outro apunte, Trapallada = Cousa mal feita, sen coidado nin arte.
chúzame - Arquivado en Enxendros |




febreiro 7th, 2008 ás 9:57 pm
Este escudo es precioso en comparación con el del Granada 74.
febreiro 7th, 2008 ás 10:18 pm
A lo mejor lo hizo el hijo deficiente del presidente del RAD. Se que es de mal gusto pero es lo que se comenta. Lo juro…
febreiro 12th, 2008 ás 1:37 am
Tocáchesme a fibra sensible con esta nova Sr. Traveseiro.
Serbia… Djukic…
Que recordos mi madriña queridiña…
E o escudo paréceme fermosisisisisiisisissisimo!!! Non podería dicir o contrario nin farto de viño!!!
Agradézoche especialmente as verbas sobre a historia de como Ballesta deu cos ósos dun albañil chamado MIROSLAV DJUKIC.
febreiro 12th, 2008 ás 1:50 am
Non era albañil, ¿lembras? senón conductor de excavadoras. Recordo cando o Celta perdeu a final de Copa co Zaragoza cun fallo na tanda de penaltis de Alejo. Na Coruña riamos dicindo que o tiñan que mandar a Bosnia a cavar trincheiras, porque lle pegara ao chan.
Curiosamente, esa mesma tempada, Djukic, outrora “excavadorista”, fai o mesmo que Alejo. Ás veces é mellor estar calado, je, je.