Prantado no medio do campo
9 de febreiro do 2008 perpetrado por
otraveseiro
O falar non ten cancelas, en boca pechada non entran moscas, pola boca morre o pez... e tódolos refráns que se nos ocorran valen para defini-las promesas eleitorais que fan os políticos de turno. "Disparate tras disparate até a victoria final" sería un bo lema de campaña tanto para Zapatero coma para Rajoy.
O primeiro se pasa tres pobos cas promesas, mais Rajoy, sen darse de conta que o que propón o seu rival é un disparate, vai este e o duplica, ou como neste caso, o multiplica por dez. E e que polo visto, o tarado este dixo onte que se gaña as eleccións prantará 500.000.000 (cincocentos millóns) de árbores, que serían unha media de 1.500 por minuto. E todo para frear o cambio climático, supoño que asesorado polo seu curmán.
A foto de enriba ilustra perfectamente o que acontecería nese caso, porque prantar árbores está moi ben, pero cando está todo cheo de cemento a base de urbanizacións e demais merdas, vai pasar que non quede espazo para tanta árbore e os remate prantando no medio dos campos de fútbol. Rajoy o que debería facer é irse a prantar un pino, ou o que é o mesmo, irse a cagar á leira, e de paso que se aclare nas súas preferencias futbolísticas, porque iso de declararse como "madridista, hincha del Depor, accionista del Pontevedra y socio del Celta" é como levar un cartel enriba que poña "peligro, loco suelto".
A todo isto, propoño que a primeira árbore que se prante nun campo de fútbol leve o nome de Tronquito Magdaleno, en homenaxe ao mítico xogador dos 80.
chúzame - Arquivado en Defecacións verbais, Espanholadas |



febreiro 11th, 2008 ás 1:58 pm
joder, lémbrame moitísimo esa árbore a un dianteiro que temos…sí coño, é uruguayo, grande…
febreiro 12th, 2008 ás 1:27 am
Eu en vez de árbores “prantaría” máis TRAVESEIROS…
Non abundan e son caralludos…
febreiro 12th, 2008 ás 1:58 am
Juggalo, non confundas unha árbore cun poste da luz. Ademais, esta non solta “ramalazos”.
Djukica, os traveseiros abundan, pero poucos son os homologados pola FIFA, coma min.