Lotina, supercontento
11 de febreiro do 2008 perpetrado por
otraveseiro
O Deportivo empatou o sábado co Xetafe na casa, corta a racha de victorias, os resultados non acompañan e aínda por riba estamos outra vez en postos de descenso. Sen embargo, o adestrador, Miguel Angel Lotina, declarou que "Con el empate me voy más contento que unas castañuelas". ¿Que se puido perder? é certo, e vale, sumas un puntiño que lle sacas ao Murcia, pero de aí a irse contento como unhas castañuelas...
Pero o rollo xa non é iso. O tema é que Lotina se vai contento pero os que non o coñezan pensarán que lles está tomando o pelo, porque non fai ningún aceno que demostre que está feliz. Namentres di iso ten o mesmo careto de triste que antes do partido. A mesma faciana que se o Depor gañara o partido 7-0 (o Valladolid son uns cheíñas), o mesmo que hai unha semana despois de vencer ao Betis, igualiño que hai un mes, dous, tres... que antes de facerse cargo do Depor, despois de gaña-la Copa co Espanyol e salvarse do descenso no último minuto con ese equipo.
Lotina semella ser un puto amargado porque sempre ten cara de amargado, así de sinxelo. Estas afirmacións quedan reflectidas perfectamente nesa tira cómica de Santi Orúe no xornal Público.
chúzame - Arquivado en Actualidade |



febreiro 12th, 2008 ás 1:24 am
Pois, falando da sua faciana e da sua expresion, e indubidable que ten cara de piolloso, pero tenme sorprendido cando lle fan entrevistas, o seu sentido do humor…
Pensei que sería un tipo máis seco, máis huraño, e non sei que pensaredes os demais, pero a mín paréceme un tipo simpático o Loti cando abre a boca (jajajaj).
Pd: Isto tampoco quere dicir que o visualize nos castings do Clube da Comedia a verdade…
febreiro 12th, 2008 ás 1:55 am
Non é que me caia mal, simplemente que ten a cara que ten. Ademais, as veces que fai gracias nas roldas de prensa me lembra a un famoso paisano/compatriota (depende de quen o lea) chamado Jabo Irureta. Ese sí que non me facía gracia, aínda que a súa etapa foi a mellor en canto a ledicias dos afeccionados.
Por certo, Lotina parece ser que estudiou nun seminario, e ía para cura. A sotana lle sentaría ben.